Criterios de avaliación e mínimos de consecución
De seguido establécese unha relación dos criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación en base á proposta establecida en PROENS para esta unidade.
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1: Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado. |
Expresa unha consideración equilibrada entre as dúas linguas oficiais. |
TI |
1 |
11 |
|
CA1.3 - Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima. |
Demostra capacidade de cambio de uso de lingua entre castelán / galego /inglés en función do contexto social. |
TI |
1 |
10 |
|
CA1.5 - Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero. |
Amosa consideración cara persoas doutras linguas e culturas. |
TI |
1 |
10 |
|
CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais. |
Resume e reinterpreta unha conversa oral breve. |
TI |
1 |
11 |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Intervén activamente en conversas de grupo reducido, comprendendo opinións diferentes, manifestando a opinión propia. |
TI |
1 |
12 |
|
CA3.5 - Adquirir a eficacia lectora mediante unha planificación sistemática de mellora e o gusto pola lectura. |
Aproveita o momento lector con regularidade. Resume oralmente un texto de aproximadamente 50 palabras lido en 30'' |
TI |
1 |
12 |
|
CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. |
Escribe un breve texto narrativo con coherencia e claridade. |
PE (non incluída no REA) |
1 |
12 |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Escribe texto de 100 palabras aproximadamente con acentuación e puntuación correctas. |
PE (non incluída no REA) |
1 |
12 |
|
CA6.7 - Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos. |
Reelabora textos informativos lidos previamente cun vocabulario propio, de maneira axeitada. |
PE (non incluída no REA) |
1 |
10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||