Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 4 REA, unha proposta global para a materia de CIS (Ciencias Sociais) de 5º de Primaria do proxecto cREAgal para conter as 8 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de CIS de 5º Primaria respecta no posible a temporalización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD por REA respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026 pdf

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: “Un robot no Universo”

UD 1: “O noso planeta: a Terra”

UD 2: “A representación da Terra”

CA 2.1, CA2.2, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3

CA 2.1, CA2.2, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.4

13 + 13 (10 + 10) 20 sesións do primeiro trimestre 
REA 2: “Salva o cole, salva o planeta!”

UD 3: “O clima”

UD 4: “Vida sustentable”

CA 2.1, CA2.2, CA 2.3, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4

CA 2.1, CA2.2, CA 2.3, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 2.4, CA 3.3

13 + 12 (10+8) 18 sesións do segundo trimestre
REA 3: “A nosa pegada no cole”

UD 5: “As institucións de Galicia”

UD 6: “Poboación”

CA 3.1, CA 3.4, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 3.2, CA 3.3

CA 3.1, CA 3.4, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4

12 + 12 (8+8) 16 sesións entre o segundo e o terceiro trimestre
REA 4: “A Historia é ciencia”

UD 7: “A Idade Media”

UD 8: “A Idade Moderna”

CA 4.1, CA 4.2, CA 4.3, CA1.1, CA 1.2, CA 1.3

CA 4.1, CA 4.2, CA 4.3, CA1.1, CA 1.2, CA 1.3

12 + 13 (7+9) 16 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área de Ciencias Sociais para o 5º curso de educación primaria. 

  • Uso seguro e fiable das fontes de información.
  • Educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global, en especial no que respecta á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030. En concreto co ODS 13 (acción polo clima), ao analizar as causas e consecuencias do cambio climático; ODS 12 (produción e consumo responsable), contribuíndo ao mesmo a través da análise realizada pola ecoauditoría e a toma de decisións posteriores, así coma coa propia campaña de concienciación.
  • Desenvolvemento dunha cultura científica, especialmente a capacidade de toma de decisións ante as situacións que se lle expoñan, xa sexa no ámbito persoal, social ou educativo.
  • Fomento do espírito emprendedor e o desenvolvemento de propostas que apliquen os principios da aprendizaxe ao servizo.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA axústase ás seguintes Unidades Didácticas — UD 3 “O clima” e UD 4 “Vida sustentable” — da programación didáctica de referencia publicada en Proens (curso 2023-2024, na súa primeira edición) para o 5º curso de Educación Primaria na materia de Ciencias Sociais.

Pola súa temporalización, despois do traballo sobre o planeta Terra e a súa representación nas anteriores unidades didácticas, preténdese facer unha análise da situación actual do planeta e do seu futuro. 

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contido 1. Ciencia e Tecnoloxía e 2. O mundo e o desenvolvemento sostible, que abarcan os climas, o cambio climático, o desenvolvemento e a vida sustentables ou a seguridade viaria, así coma a investigación científica e os instrumentos e recursos a aplicar na mesma, ou as profesións STEM, e a súa cabida na sociedade actual. Podemos tamén falar do bloque de contidos 3. Vivir en sociedade, ao introducir a resolución pacífica e dialogada de conflitos. 

Contidos Bloque da materia

C1.1 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...).

C1.2 - Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.

C1.3 - Terminoloxía propia da área e vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións.

C1.4 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.

C1.5 - A ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas como actividades humanas. As profesións STEM na actualidade desde unha perspectiva de xénero.

C1.6 - Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo. A aula virtual.

C1.7 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.

Bloque 1

C2.2 - O clima e o planeta. Tipos de clima en Galicia e en España. Elementos e factores climáticos.

C2.4 - O cambio climático do local ao global: causas e consecuencias. Medidas de mitigación e adaptación.

C2.5 - O desenvolvemento sostible. A actividade humana sobre o espazo e a explotación dos recursos. A actividade económica e a distribución da riqueza: desigualdade social e rexional no mundo e en España. Os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

C2.6 - Estilos de vida sustentable: os límites do planeta e o esgotamento de recursos.

Bloque 2

C3.8 - Seguridade viaria. Normas básicas de circulación, sinais de tráfico e marcas viarias. Condutas e hábitos viarios correctos. Causas e grupos de risco nos accidentes de tráfico.

Bloque 3

Pero temos que ter claro que o desenvolvemento destes bloques da área de Ciencias Sociais non debe entenderse de maneira illada e o seu tratamento debe ser integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados, que se presentan diferenciados entre si para darlles unha especial relevancia á investigación científica, á resolución de conflitos e a toma de decisións  e ao desenvolvemento sostible, debendo desenvolverse vinculados.

Estes son os obxectivos da materia traballados específicamente:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX 2  Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX 3 Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e as propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.
OBX 4 Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.
OBX 7 Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos

A continuación inclúese a enumeración dos descritores operativos das diferentes competencias clave:

Competencias clave Clave dos descritores operativos

CCL Competencia en comunicación lingüística

CCL 1, CCL 2, CCL 3, CCL 5

STEM Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

STEM 1, STEM 2, STEM 4, STEM 5

CD Competencia dixital

CD 1, CD 2, CD 3, CD 4, CD 5 

CPSAA Competencia persoal, social e de aprender a aprender 

CPSAA 1, CPSAA 4 

CC Competencia cidadá

CC 1, CC 2, CC 3, CC 4 

CE Competencia emprendedora

CE 1

CCEC Competencia en conciencia e expresión culturais

CCEC 1, CCEC 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)