Saltar navegación

1. Descrición xeral

Salva o cole, salva o planeta!

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) destinado a alumnado de 5º curso de educación primaria para a área de Ciencias Sociais. Está deseñado co fin de facer  consciente ao alumando da influencia das accións do ser humano no noso planeta, ademais de conciencialo na necesidade do coidado do mesmo.

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que crear unha campaña de concienciación sobre esta temática destinada ao resto do alumando do centro e á comunidade educativa, en xeral.

Para poder chegar a realizar esta campaña, deberán afondar no coñecemento sobre os climas presentes en España e Galicia, conectándoos coas causas e consecuencias do cambio climático. Do mesmo xeito, trataranse outros conceptos, coma a educación viaria ou a actividade humana, coma aspectos a ter en conta dentro deste cambio climático.

Así mesmo, relacionarase coas unidades didácticas anteriores dado que, a partir do coñecemento das características da Terra e as súas representacións, poderase chegar á distribución dos diversos climas segundo a súa situación xeográfica no  planeta, ademais de ampliar a lectura de datos sobre a Terra co tratamento dos climogramas e outros organizadores de datos.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Interpretar datos e extraer conclusións sobre os efectos do cambio climático.
  2. Detectar os cambios a pequena escala( escolares e locais) se poden levar a cabo para minimizar o impacto climático.
  3. Xestionar a toma de decisións dentro dun grupo de traballo.
  4. Cuestionar hábitos diarios que poidan afectar ao clima.
  5. Realizar experimentos e ser quen de conectalos cos efectos do cambio climático.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)