Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Planeta en perigo.

1.1. Que imos aprender?

1.2. Como logramos o reto?

Sesións de motivación e presentación da situación de aprendizaxe e reto a desenvolver.

1 sesión

2. Novas preocupantes

2.1. Climas de Galicia: o comezo do cambio

2.2. Campañas que transforman

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras áreas  sobre o clima e sobre as campañas de concienciación.

2 sesións

3. Climas e Sostibilidade: o cambio está ao noso alcance

3.1. Aventura climática: un percorrido por España

3.2. Cambio climático: entendendo o desafío global

3.3. Aplicando o aprendido: o cambio climático

3.4. Climogramas: historia do clima

3.5. Experimentando a realidade: o cambio climático.

3.6. Expertos climáticos

3.7. Movemento sostible: accións que xeran o cambio

3.8. Concienciación e seguridade

Nesta sección realízanse actividades de comprensión, aplicación e experimentación de novos coñecementos sobre os climas e o cambio climático, así coma a súa vinculación coa educación viaria. 

10 sesións

4. Salvemos o cole

4.1. Ecoauditoría: o cambio comeza en nós

4.2. A nosa campaña: nós cambiamos, e ti?

Nestas sesións aplicarase o aprendido na contorna máis próxima, pasando dun coñecemento global e máis abstracto á acción local, analizando a ecoauditoría realizada e realizando unha campaña de concienciación.

3 sesións

5. Salvemos o planeta

5.1 Cantos máis, mellor

Esta sección servirá para organizar unha xornada de concienciación da comunidade educativa e analizar a repercusión da campaña realizada, así coma para realizar unha metacognición sobre o aprendido.

2 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)