Cuestións previas
No REA descríbense plataformas dixitais recomendadas para a utilización por parte do alumnado. A selección das plataformas responde a criterios de accesibilidade, adecuación ás características das persoas usuarias, e ausencia da necesidade de rexistro. No caso de centros educativos con limitacións no acceso a recursos informáticos, tamén será posible aplicar este REA coa necesaria substitución das tarefas en contorno dixital pola incorporación de materiais de uso común como cartolina para, por exemplo, elaborar diferentes partes da maqueta.
O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico nos centros educativos non condicionara a posta en marcha deste proxecto.
Considéranse tres procedementos de realización das tarefas:
Analóxico: con uso de materiais habituais nas aulas como poden tesoiras, cartolina, cadernos etc.
Dixital sen rede: con uso de equipos tecnolóxicos pero sen posibilidade de conexión a Internet.
Dixital con conexión a Internet: uso plataformas e servizos en Internet.
Nas recomendacións de uso ofrécense propostas de traballo para cada un dos procedementos anteriores.