Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1- Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. |
Formular preguntas e realizar predicións razoadas a través da observación. |
TI |
5 |
5% |
|
CA1.2- Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural. |
Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. |
TI |
5 |
5% |
|
CA1.3- Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura, rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. |
Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. |
TI |
5 |
5% |
|
CA1.4- Analizar a información e os resultados obtidos, e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. |
Analizar e comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos. |
TI |
5 |
5% |
|
CA3.1- Identificar as características, a organización e as propiedades dos elementos do medio natural a través das metodoloxías de indagación, utilizando as ferramentas e os procesos adecuados. |
Identificar e analizar as propiedades da materia, empregando os instrumentos adecuados de forma guiada. Identificar e analizar as propiedades da materia, empregando os instrumentos adecuados de forma guiada. |
PE (Non incluída no REA) |
5 |
20% |
|
CA3.2- Recoñecer e explicar as diferentes formas e fontes de enerxía identificando os seus usos na vida cotiá e a súa influencia no desenvolvemento sustentable. |
Recoñecer as fontes de enerxía máis importantes e as principais características da enerxía eléctrica. |
PE (Non incluída no REA) |
5 |
20% |
|
CA3.3- Participar con actitude emprendedora na procura, no contraste e na avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica de causas e consecuencias da intervención humana na contorna. |
Participar na procura e avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais e buscar solucións de forma guiada. |
TI |
5 |
10% |
|
CA4.1- Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente,buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. |
Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a procura de información e creación de contidos dixitais sinxelos. |
TI |
5 |
5% |
|
CA4.2- Coñecer os principais avances da ciencia e da tecnoloxía, identificando os seus riscos e os beneficios na sociedade. |
Identificar os riscos e beneficios dos avances da ciencia e da tecnoloxía. |
TI |
5 |
5% |
|
CA4.3- Formular problemas de deseño que se resolvan coa creación dun prototipo ou solución dixital, avaliando as necesidades da contorna e establecendo obxectivos concretos. |
Formular un problema de deseño que se resolva coa creación dun prototipo. |
TI |
5 |
5% |
|
CA4.4- Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de proxectos de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos colaborativos. |
Deseñar posibles solucións aos problemas expostos empregando diferentes estratexias de forma guiada. |
TI |
5 |
5% |
|
CA4.5- Desenvolver un produto final que dea solucións a un problema de deseño, probando en equipo diferentes prototipos ou solucións dixitais e utilizando de forma segura e guiada as ferramentas, os dispositivos, as técnicas e os materiais adecuados. |
Desenvolver un produto final utilizando ferramentas e dispositivos sinxelos de forma guiada. |
TI |
5 |
5% |
|
CA4.6- Comunicar o deseño dun produto final, adaptando a mensaxe e o formato á audiencia, explicando os pasos seguidos e propoñendo posibles retos para futuros proxectos. |
Comunicar o deseño dun produto final explicando os pasos seguidos. |
TI |
5 |
5% |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||