Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
O REA está deseñado para permitir ao profesorado adaptar as propostas de traballo para o alumnado aos recursos dispoñibles.
Para a presentación do REA e as tarefas individuais e de grupo das fases 2, 3 e 4: un equipo informático,
Para os experimentos da masa e volume: unha báscula, unha probeta ou recipiente graduado e diversos obxectos da aula (apartado 3.1 "Todo é materia").
Para elaborar as diferentes partes da maqueta (apartado 3.3 "Actuamos" ):
Depresores de madeira ou cartón para facer as aspas do aeroxerador.
Tubo de cartón para facer a base do aeroxerador.
Un pequeno motor
Unha roda que nos permita xirar o motor.
Un LED.
Un cartón para facer unha casa. (Pode ser un cartón de leite reutilizable).
Placa solar
Cables de crocodilo
Un LED
Cartón ou cartolina para deseñar un farol
6 tapóns de plástico de botella
1 tapón de diámetro superior
1 motor
1 LED
1 botella grande auga
1 palliña
Para a construción do robot: empregaremos Nezha e MicroBit (apartado 3.2 "Explorando Carbonus").
No REA ofrécese unha proposta accesible e doada de elaborar con material común.
Recomendacións segundo a dispoñibilidade de recursos:
Sen medios dixitais: uso de cartolina, tesoiras, pegamento e outros materiais comúns da aula.
Con aplicacións informáticas sen conexión a Internet: uso de LibreOffice Draw para a elaboración de elementos gráficos, deseños e presentacions. Hai que ter en conta que este tipo de programas non permite o traballo compartido sobre o mesmo produto.
Co uso de servizos en Internet: utilización da plataforma AbalarBox como soporte para o traballo colaborativo de creación dos produtos dixitais.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Na primeira fase créanse os equipos estables para todo o proxecto, utilízase un procedemento non dirixido, con resultados aleatorios, para o repartimento do alumnado dentro dos grupos.
Ao longo do REA fanse propostas de tarefas para o traballo colaborativo en equipo. A análise, valoración e avaliación das producións dos grupos faise tamén en grupo.
Será necesario adaptar a configuración dos grupos (número de membros) e ampliar ou unificar temas segundo as características de cada centro educativo.
Produtos finais
O produto final será a realización dunha maqueta que inclúa exemplos de enerxías renovables para solucionar o problema enerxético de Carbonus.
Os grupos deben elaborar maquetas con estes elementos:
- 1 aeroxerador para acender unha luz co uso da enerxía eólica.
- 1 panel solar para acender unha luz por medio da enerxía solar.
- 1 xerador hidráulico para acender unha luz mediante enerxía hidráulica.
Cada grupo decidirá os elementos decorativos da maqueta (a forma das casas, as cores, as rúas...).
Avaliación
Como instrumentos de avaliación achéganse rúbricas para avaliar o traballo individual e en equipo.
Os diferentes produtos que se elaboran ao longo do REA van acompañados dunha lista de cotexo co obxectivo de ofrecer un instrumento para a valoración do resultado final, pero tamén coa intención de guiar ao alumnado no proceso de creación e/ou construción.
Non se inclúen as probas escritas definidas na programación didáctica modelo de Proens.
Enfoque multinivel do reto
Este REA xa está multinivelado co reto proposto, pois as maquetas poden elaborarse con máis ou menos detalle. O docente poderá adaptar a dificultade ó alumnado que ten, por exemplo, recollerán mais ou menos información dependendo da capacidade da alumna ou do alumno.
Tanto o reto como as tarefas individuais preséntanse multiniveladas.
Actividades individuais
No REA recóllense actividades individuais con diferentes características, procedemento de resolución, tipoloxía e nivel de dificultade. O alumnado pode escoller segundo o seu criterio calquera das actividades propostas, no diario de aprendizaxe existen apartados específicos para que a alumna e o alumno reflexione sobre as tarefas que desenvolveu en cada fase.
O profesorado pode orientar e recomendar actividades.
Reto
Para superar o reto o alumnado deberá crear unha exposición coas maquetas para compartir co resto de comunidade educativa.
Para a elaboración das diferentes maquetas, non se determina a obriga de utilizar un determinado tipo de material ou un soporte definido. O alumnado, e a persoa docente, poderán escoller a complexidade da maqueta e as características do material utilizado. Con esta planificación foméntase a autonomía e a creatividade, ao tempo que non se condiciona o resultado do reto á dispoñibilidade duns recursos concretos.
Por exemplo, o alumnado poderá utilizar os seguintes materiais para construír as maquetas:
- Cartón, como proposta máis accesible
- Cartolinas, papel, periódicos...
- Impresión 3D
- Uso de cortadora láser
O grao de complexidade dos circuítos eléctricos das maquetas tamén pode ser variable, dependendo dos recursos materiais dos que dispoña cada centro educativo.
Diario de aprendizaxe
Diario de aprendizaxe
O diario de aprendizaxe ofrécese como unha proposta de guía de reflexión (non avaliable) para o propio alumnado. Busca que recapaciten sobre as súas aprendizaxes e a maneira na que eles aprenden (estreitamente ligado ca competencia aprender a aprender). Pero é tamén para o profesorado xa que aínda que non sexa unha actividade avaliable, a revisión dos diarios de aprendizaxe pode servir para guiar e reorientar a nosa práctica docente e adaptarse mellor ás características do noso alumado.
No mesmo se responden cuestións relativas ás aprendizaxes adquiridas e ao proceso e valoración das mesmas. O alumnado ao rematar cada unha das fases ten unha "chamada" ao diario. Debido ao carácter especial da nosa área o diario está pensado para poder utilizalo de diversas maneiras, (tanto de maneira dixital como a man e de maneira completa ou segmentada por fases) como o docente decida:
Opción A: O diario pódese imprimir en formato "libro" en A5, un tamaño razoable e funcional se decidimos que os nosos alumnos e alumnas o leven ao pavillón ou ximnasio (espazo de xogo) e poidan cubrir nun momento da sesión a fase que se considere.
Opción B: O diario pódese imprimir por fases e ser entregado segmentado como se fose unha ficha a realizar ao finalizar cada fase.
Opción C: O diario pódese realizar e editar directamente no ordenador, coma unha tarefa á realizar na casa ou no seu tempo libre e posteriormente ser entregado ao rematar cada fase (se é segmentado) ou ao finalizar á situación de aprendizaxe (arquivo enteiro).
Búscase ter o maior tempo de compromiso motor polo que, aínda que a reflexión e análise sexan parte da aprendizaxe, débese pensar a mellor maneira de utilizalo en base as características do noso alumnado, a tipoloxía, infraestrutura e características do noso centro e material tecnolóxico dispoñible (no centro e fogares do alumnado).