Estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|
Descrición
|
1. Unha mensaxe misteriosa
|
- Escoita do audio do extraterrestre pedindo axuda para a problemática do seu planeta (esgotamento dos seus combustibles fósiles).
- Posta en común (en gran grupo) de forma oral sobre a problemática presentada e reflexión.
- Explicación do reto: construción dunha maqueta por grupos e creación robot explorador que nos permita coñecer o planeta.
Primeira reflexión para o Diario de Aprendizaxe (entrega do mesmo a cada alumno/a).
|
1 sesión
Aula ordinaria
|
|
Exploración (coñecementos previos)
|
2. Preparando a viaxe
|
- Actividade para a creación de grupos de traballo (4 alumnas/os). O profesor entregará unhas tarxetas en sobre a cada alumno/a para facer os grupos. As tarxetas incluirán debuxos sobre enerxías renovables. Na guía didáctica inclúese que as tarxetas serán entregadas en sobre pechado ao alumnado atendendo a diversidade do alumnado.
Actividade roubar ideas, onde teñen que escribir os seus coñecementos previos sobre as maquetas.
- Realizar actividades interactivas para saber os seus coñecementos previos sobre a enerxía, fontes....
- Segunda reflexión do Diario de Aprendizaxe
|
2 sesións
Aula ordinaria
|
|
Conexión
|
3. Reiniciando Carbonus
|
- Elaboración do robot explorador (contido estruturas robotizadas).
- Concepto de masa e volume da materia (actividades de experimentos).
- A enerxía: recursos naturais que poden ser materias primas ou fontes de enerxía (esquema, visionado de vídeo...).
- As materias primas: renovables e non renovables.
- Fontes de enerxía renovables e non renovables (esquema, actividades interactivas...).
- Problemas ecosociais.
- Enerxías renovables: SOLAR. Actividades explicativas de contidos (contido de circuíto eléctrico, creación por grupos de partes da maqueta).
- Enerxías renovables: EÓLICA. Actividades explicativas de contidos.(creación por grupos de partes da maqueta).
- Enerxías renovables: HIDRÁULICA. Actividades explicativas de contidos(creación por grupos de partes da maqueta).
- Enerxías renovables: xeotérmica, enerxía do mar e biomasa. Actividades explicativas de contidos.
- Fontes de enerxía non renovables: CARBÓN, PETRÓLEO, GAS NATURAL, ENERXÍA NUCLEAR.
- Atracción e repulsión das cargas eléctricas.
|
9 sesións
Laboratorio
Aula de robótica
|
|
Reto final
|
4. Congreso científico
|
- Finalización da maqueta (agrupamento dos diferentes elementos, rótulos... ).
- Preparación da exposición oral.
- Presentación e exposición das maquetas.
- Gravar as presentacións para a difusión.
|
4 sesións
Aula ordinaria
Biblioteca ou sala de usos múltiples para a exposición
|
|
Conclusión
|
5. Conclusións
|
- Análise dos datos obtidos da enquisa.
- Conclusións e autorreflexión.
- Reflexión final no Diario de Aprendizaxe.
|
1 sesión
Aula ordinaria
|