Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Cada REA corresponde a unha unidade didáctica do modelo de programación Proens. Non se levaron a cabo modificacións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "A natureza en xogo"

UD1: Os seres vivos

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

20

1º trimestre

REA 2: "Aventura Animal"

UD 2: Son un animal

CA2.2, CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA4.1, CA4.4

20

1º trimestre

REA 3: "Plantas ao rescate!"

UD 3: Son unha planta?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

15

2º trimestre

REA 4: "Exploramos os ecosistemas: misión natureza"

UD 4: Onde viven os seres vivos?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA4.1, CA4.3, CA4.4

15

2º trimestre

REA 5: "Un planeta en apuros"

UD 5: Enerxía e materia

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

REA 6: "Troula Park"

UD 6: Novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.4 , CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Desde a área de Ciencias da Natureza facilitaremos que o alumnado coñeza o mundo en que vivimos e comprenda tanto a nosa contorna como as achegas dos avances científicos e tecnolóxicos á vida diaria. A través desta disciplina, achegámonos ao traballo científico e á súa contribución ao progreso, proporcionando as bases dunha formación que axude a desenvolver as competencias necesarias nunha realidade cambiante e cada vez máis complexa.

Nesta etapa, os alumnos e alumnas inícianse nas principais estratexias da metodoloxía científica: a capacidade de formular preguntas, identificar problemas, elaborar hipóteses, planificar actividades e analizar resultados para extraer conclusións e comunicalas. Todo isto traballando de forma cooperativa e facendo un uso axeitado dos materiais e ferramentas.

A área inclúe conceptos, procedementos e actitudes que axudan o alumnado a interpretar a realidade para abordar a solución aos diferentes problemas que nela se expoñen. Así mesmo, fomenta a explicación e predición de fenómenos naturais e a necesidade de desenvolver actitudes críticas ante as consecuencias dos avances científicos.

Conexión cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
Este REA trata contidos relacionados cos seguintes obxectivos:

  • ODS 4: Educación de calidade.
  • ODS 13: Acción polo clima.
  • ODS 14: Vida submarina.
  • ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coa unidade didáctica número 2 correspondente á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Ciencias da Natureza no aplicativo PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os contidos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Contidos Bloque da materia
  • Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos).
  • Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais).
Bloque 1
  • Estrutura e niveis de organización dos seres vivos: tipos de células, tecidos, órganos, aparellos e sistemas.
  • Os reinos da natureza desde unha perspectiva xeral e integrada a partir do estudo e da análise das características de diferentes ecosistemas. Os seres vivos: características, clasificación e tipos.
Bloque 2
  • Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:
    • Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
    • Estratexias de procura de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).
    • Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.
    • Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.
    • Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.
    • Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados) e estratexias de actuación.
  • Proxectos de deseño e pensamento computacional:
    • Iniciación ás fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).
    • Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.
    • Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e o dos demais como oportunidade de aprendizaxe.
    • Linguaxe sinxela de programación por bloques e as relacións lóxicas entre eles (executar movementos, sensores, motores, impresión 3D).
Bloque 4

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
Obxectivo 1 Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural. 
Obxectivo 2 Coñecer e tomar conciencia do propio corpo, así como das emocións e sentimentos propios e alleos, aplicando o coñecemento científico, para desenvolver hábitos saudables e para conseguir o benestar físico, emocional e social.
Obxectivo 4 Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, co coidado e coa protección das persoas e do planeta. 

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM2 e STEM4
Competencia dixital (CD) CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 1 e CPSAA2
Competencia cidadá (CC) CC4
Competencia emprendedora (CE) CE4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)