Metodoloxía
Este REA foi creado seguindo o marco pedagóxico do proxecto cREAgal.
Desde o punto de vista metodolóxico, o REA é fundamentalmente activo e participativo, favorecendo o traballo individual e cooperativo do alumnado na aula para resolver as situacións que se lle propoñen. As situacións propostas buscan estar contextualizadas na vida diaria do alumnado e parten dos coñecementos previos adquiridos con anterioridade.
Para iso intégranse referencias á vida cotiá e á contorna do alumnado co fin de motivalo e facelo sentir parte activa do proceso de ensino-aprendizaxe, é dicir, buscar un enfoque que sexa:
Personalizado: buscamos a relación cos coñecementos previos do alumnado e propoñemos actividade multinivel.
Significativo: o alumnado constrúe os seus propios coñecementos, é dicir, aprende ao tempo que aprende a aprender, interioriza as diferentes experiencias e estratexias que lle fan afondar e desenvolver os seus coñecementos.
Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais e con e con conexión co seu mundo real.
Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Ciencias da Natureza, cun carácter esencialmente práctico e cun enfoque competencial do currículo. A metodoloxía empregada será:
- Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
- Activa: fomentando alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
- Participativa: potenciando a cooperación-colaboración.
- Integradora: facilitando poder sentirse capaces coas súas propias respostas cognitivas e coas súas diferenzas, mellorando a autoestima.
- Contextualizada: o alumnado debe comprender o que está a facer, cales son os obxectivos e os pasos.
- Lúdica: foméntase a creatividade, a participación, a motivación e a interacción, o que contribúe a unha maior comprensión e retención de coñecementos.
- Creativa: propoñendo a procura de solucións aos problemas que vaian aparecendo ao longo da aprendizaxe.
- Progresiva: que expoña ao alumnado a novos retos e momentos de aprendizaxe cada vez máis complexos.