Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

  • Caderno do alumno/a
  • Dotación da aula (encerado dixital, tradicional, pupitres...)
  • Material específico necesario para as miniexperiencias de aula
  • Laboratorio (instrumentación e materiais propios)
  • Material específico para actividades de desconexión (cartolinas, goma eva...)
  • Material específico para o reto (cartolinas para o tríptico, infografía ou póster)

Actividade complementaria

O obxectivo desta actividade complementaria é concienciar ao alumnado de 1º de ESO sobre a importancia do tratamento das augas residuais para a protección do medio ambiente e a saúde pública. A través da visita a unha EDAR, o alumnado comprenderá o proceso de depuración da auga, os seus beneficios e o impacto das súas accións diarias na conservación dos recursos hídricos.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Os agrupamentos de aprendizaxe cooperativa deben ser coidadosamente planificados para fomentar a interacción positiva, a colaboración efectiva e o desenvolvemento de habilidades sociais e cognitivas entre o alumnado. Estes grupos deberán ser:

  • Heteroxéneos: Deben estar compostos por estudantes con diferentes habilidades, coñecementos e estilos de aprendizaxe. A diversidade favorece a colaboración e a aprendizaxe mutua, xa que os membros poden axudar a completar as debilidades dos demais e aproveitar as fortalezas de cada un.
  • Equilibrados: A distribución das tarefas debe ser equitativa, permitindo que todos os membros participen de maneira xusta na resolución do problema ou na tarefa asignada. Ningún membro debe quedar excluído ou ter unha carga desmesurada de traballo.
  • Flexibles e dinámicos: A medida que avanza o proceso de aprendizaxe, pode ser necesario reorganizar os grupos ou realizar pequenos cambios na dinámica do equipo para asegurar que todos os estudantes sigan comprometidos e que a cooperación sexa efectiva.
  • Con apoio mutuo: Os membros do grupo deben estar dispostos a axudar aos outros, a compartir ideas, a escoitar e a proporcionar feedback construtivo. A cooperación non só se basea en traballar xuntos, senón tamén en apoiar o proceso de aprendizaxe de cada un.

Produtos finais

O produto final que deben acadar os alumnos é a elaboración dun póster, infografía ou tríptico, visual e impactante, que presente as verdades científicas que desmontan os mitos negacionistas sobre a crise climática. Este traballo culminará coa súa divulgación a través dunha presentación na aula, exposición no centro educativo ou charla para a comunidade escolar.

Enfoque multinivel

Este REA adáptase a un modelo educativo que recoñece as diferenzas no nivel de desenvolvemento, intereses e estilos de aprendizaxe entre as alumnas e os alumnos e proporciona diferentes niveis de apoio para asegurar que todo o alumnado poida participar activamente no proceso de aprendizaxe. Na sección 3.5. Recapitula e afonda, preséntase unha recompilación de actividades de síntese e afondamento, enfocadas con un distinto nivel para que o alumnado poida realizar as actividades propostas segundo a gradación de complexidade establecida. Este enfoque busca ofrecer oportunidades personalizadas para que cada estudante, independentemente do seu ritmo de aprendizaxe e das súas dificultades, para que así todo o alumnado poida acadar o seu máximo potencial.

O produto final que deben acadar o alumnado é a elaboración dun póster, infografía ou tríptico visual e impactante que presente as verdades científicas que desmontan os mitos negacionistas sobre a crise climática. Este traballo culminará coa súa divulgación a través dunha presentación na aula, exposición no centro educativo ou charla para a comunidade escolar.

Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado

Moitas das actividades do REA están deseñadas para realizarse en formato dixital aínda que outras están pensadas para seren realizadas no caderno de aula. Así mesmo, propóñense actividades de busca de información en Internet e elaboración de documentos e presentacións.

O reto proposto ten como obxectivo principal saber distinguir fontes fiables de información científica na rede así como identificar páxinas web e fontes carentes de base científica e non contrastadas. Acadar o reto e expoñelo permitirá ao alumnado aprender ou reforzar o uso de diversas ferramentas para o deseño, edición e presentación dixital, entre outras.

O alumnado conta cun diario de aprendizaxe que pode completar de forma dixital, permitindo así que reflexione sobre o seu proceso, aínda que tamén dispoñen dunha versión en PDF.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)