Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación traballados neste REA,  cos seus correspondentes mínimos de consecución asociados, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación:

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas. Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos. TI 1 e 2 5
CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e  xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente. Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. TI
1 e 2
5
CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar  predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos. Expor preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas utilizando métodos científicos. TI 1 e 2 5
CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes. Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica. TI 1 e 2 5
CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta. Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. TI 1 e 2 5
CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as  ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da  experimentación e da observación de campo. Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas. TI 1 e 2 5
CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta,  respectando a diversidade e a igualdade de  xénero e favorecendo a inclusión. Cooperar dentro dun proxecto científico respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. TI 1 e 2 5
CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución. Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela. TI 1 e 2 5
CA5.1 - Explicar procesos biolóxicos ou xeolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o  razoamento lóxico ou recursos dixitais. Explicar procesos biolóxicos ou xeolóxicos relacionados coa auga. PE 1 e 2 10
CA5.2 - Interpretar a paisaxe analizando os seus elementos e reflexionando sobre o impacto ambiental derivados de determinadas accións humanas. Interpretar a paisaxe analizando os seus elementos. PE 1 e 2 10
CA5.3 - Analizar as funcións da atmosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do efecto invernadoiro. Analizar as funcións da atmosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra. PE 1 e 2 10
CA5.4 - Analizar as funcións da hidrosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do ciclo da auga. Analizar as funcións da hidrosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra. PE 1 e 2 10
CA5.5 - Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera debidos á acción humana relacionándoos coas súas causas e consecuencias no medio. Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera debidos á acción humana. PE 1 e 2 10
CA5.6 - Comprender o papel determinante da atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera na edafoxénese, así como a súa  influencia no modelado terrestre, identificando as funcións  do solo. Comprender o papel determinante da atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera na edafoxénese. PE 1 e 2 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa, concrétanse as actividades e o reto deseñado no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación aplicado:

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.

 Reto

TI

Rúbrica do reto

CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente.

Reto

TI

Rúbrica do reto

CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.

Reto

TI

Rúbrica do reto

CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.

Reto

2.4. Pero... ti que dis?

TI

Rúbrica do reto

Diario de aprendizaxe

CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.

Miniexperiencias de aula

Prácticas de laboratorio

TI

Rúbricas de traballo en equipo

CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo. Reto

TI

Rúbrica do reto

CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.

Reto

Actividades grupais

Miniexperiencias

Prácticas de laboratorio

TI

Rúbrica do reto

CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.

Reto

2.3. Científicas con sona

TI

Diario de aprendizaxe

CA5.2 - Interpretar a paisaxe analizando os seus elementos e reflexionando sobre o impacto ambiental derivados de determinadas accións humanas.

A pola última práctica!

Realización de proba escrita de contidos

Rúbrica de traballo en equipo (práctica)

PE

(Non se achega modelo no REA)

CA5.3 - Analizar as funcións da atmosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do efecto invernadoiro. Realización de proba escrita de contidos

PE

(Non se achega modelo no REA)

CA5.5 - Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera debidos á acción humana relacionándoos coas súas causas e consecuencias no medio. Realización de proba escrita de contidos

PE

(Non se achega modelo no REA)

CA5.6 - Comprender o papel determinante da atmosfera, hidrosfera, biosfera e xeosfera na edafoxénese, así como a súa influencia no modelado terrestre, identificando as funcións do solo.

A pola última práctica!

Realización de proba escrita de contidos

PE

(Non se achega modelo no REA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)