Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

As propostas pedagóxicas elaboraranse tendo en conta a atención á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos e promovendo a aprendizaxe en equipo. A metodoloxía didáctica será activa e participativa, favorecendo o traballo individual do alumnado e a aprendizaxe cooperativa.
Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula.

PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:
Aprendizaxe significativa. Partindo dos coñecementos previos, as alumnas e alumnos han ser capaces de aprender a aprender, para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.
Aprendizaxe funcional. Os novos contidos deberán ser empregados polo alumnado cando así este o precisen. Para iso débese facer unha memorización comprensiva e razoada.
Aprendizaxe cooperativa. Traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento reto ou mediante debates, aumentará o interese pola mesma.

TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTOS

A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada alumno/a, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo/a e para traballar en equipo, iniciándose no coñecemento da realidade de acordo cos principios básicos do método científico. Ademais, terase en conta:
- Incorporación da dimensión práctica ás áreas (miniexperiencias de aula e prácticas de laboratorio).
- Fomentar o traballo en equipo (prácticas de laboratorio, actividades de desconexión e reto).
- Fomentar a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.

DESENVOLVEMENTO DO REA

O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver este REA será o seguinte:
a) Introdución ao reto
b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado
c) Explicación de contidos e desenvolvemento do REA
d) Exposición do reto
e) Resumo e síntese dos contidos do REA (mapa conceptual)

TIPOS DE AGRUPAMENTOS

As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:
- Gran grupo
- Equipos de traballo cooperativo
- Traballo individual

Feito con eXeLearning (Nova xanela)