Saltar navegación

1. Descrición xeral

Naveguemos e voemos!

Neste REA (Recurso Educativo Aberto) estudaranse dous sistemas fundamentais para a vida na Terra: a atmosfera e a hidrosfera.

A atmosfera analizarase en canto á súa composición, estrutura e funcións, así como os problemas que causa a contaminación atmosférica.

Pola súa banda, na hidrosfera, abordaremos as propiedades da auga, a súa distribución no planeta, o ciclo da auga, as formas de consumo, a súa contaminación e a necesidade dunha xestión sostible deste recurso esencial.

Este REA focaliza tamén a importancia de realizar experiencias prácticas para comprender mellor os contidos. O reto presentado ao alumnado é desmontar as teorías negacionistas, facendo que tome conciencia da gravidade desta problemática. A través de actividades e análises, afondarase nas causas e consecuencias do cambio climático a nivel global, permitindo que o alumnado poida observar e reflexionar sobre o impacto real que está a ter no planeta.

Ao acadaren o reto, non só entenderán as causas e consecuencias asociadas ao quecemento global e ao cambio climático, senón que tamén poderán achegar propostas para mitigar os seus efectos e promover un cambio positivo na sociedade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)