Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Os contidos que corresponden á unidade didáctica 4 (Warhol), segundo o modelo de programación Proens con temporalización anual, están repartidos entre a UD1, UD2 e UD3

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "Warhol, e ti de quen vés sendo?"

UD1: Linguaxe visual

UD4: Warhol

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.6, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.4, CA4.6

34

1º trimestre

REA 2: "Ghastas pista, Warhol?"

UD 2: Proceso creativo

UD4: Warhol

CA1.1, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.2, CA2.4, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

34

2º trimestre

REA 3: "Warhol, es de aquí ou vés á festa?"

UD 3: Debuxo xeométrico

UD4: Warhol

CA1.1, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA3.1, CA3.4, CA3.6, CA4.1, CA4.4, CA4.6

32

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Plástica e Visual desencadea mecanismos que permiten desenvolver distintas capacidades que inflúen directamente na formación integral do alumnado, tanto de xeito individual coma grupal. Esta área asenta as bases para que os nenos e nenas poidan desenvolver nas mellores condicións as súas competencias artísticas.

Esta materia posúe unha dobre dimensión: reflexiva e creativa. Tamén favorece a experimentación, a expresión e a produción artística. Neste REA, o alumnado explorará as diversas linguaxes, artes e disciplinas, así como as distintas técnicas plásticas, visuais e audiovisuais para a creación das súas propias propostas.

A educación plástica e visual debe tratarse baixo a perspectiva de xénero, polo que cómpre incorporar e normalizar a contribución das mulleres á evolución das artes, historicamente esquecida. Deste xeito, favorecerase que o alumnado desenvolva as competencias que lle permitan acadar unha visión máis igualitaria da sociedade.

Esta situación de aprendizaxe promove os seguintes ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible):

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura
  • ODS 11. Cidades e comunidades sostibles
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coas unidades didácticas número 2 e 4 correspondente á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Educación Plástica e Visual no aplicativo Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos recollidos nestas unidades en Proens, traballados dentro do recurso: 

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias de recepción activa.
  • Cultura visual. A imaxe no mundo actual: técnicas e estratexias de lectura, análise e interpretación da intención comunicativa. Valoración desde unha perspectiva de xénero.
  • Profesións vinculadas cos ámbitos artísticos plástico e visual. Coñecemento e valoración.
  • Materiais, instrumentos, soportes e técnicas de maior uso na expresión plástica e visual.
  • Vocabulario específico nas artes plásticas e visuais.
  • Recursos dixitais de uso común para as artes plásticas e visuais.
  • Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
  • Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas plásticas e visuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 1
  • Representación, de forma persoal, de ideas, accións e situacións valéndose dos elementos que configuran a linguaxe visual.
  • Experimentación e expresión a través de medios, soportes e materiais de expresión plástica e visual, incluídos os formatos artísticos contemporáneos. Elaboración de imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos. Técnicas bidimensionais e tridimensional.
  • Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións plásticas e visuais.
  • Utilización de técnicas, materiais e recursos informáticos e tecnolóxicos: a súa aplicación para a captura, creación, manipulación e difusión de producións plásticas e visuais.
  • Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons. Coñecemento e respecto polas licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas plásticas e visuais.
  • Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación. Equilibrio e axuste entre deseño, proceso e produto.
Bloque 2
  • Nocións elementais sobre formatos audiovisuais: imaxe fixa e en movemento. Ficción e non ficción. Animación.
  • Estratexias de procura, filtrado e valoración.
  • Vocabulario específico nas artes audiovisuais.
  • Recursos dixitais de uso común para as artes audiovisuais.
  • Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
  • Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas cinematográficas e audiovisuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 3
  • Rexistro e edición de elementos audiovisuais (imaxe e audio): conceptos, tecnoloxías, técnicas e recursos elementais de manexo sinxelo.
  • Producións multimodais: realización con diversas ferramentas.
  • Características da linguaxe audiovisual multimodal.
  • Creación, experimentación e difusión de mensaxes audiovisuais: procesos técnicos, respecto á integridade das persoas e aos dereitos de autor.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas.
  • Estratexias e técnicas de composición de historias sinxelas, de maneira individual e grupal, con intención comunicativa e expresiva, para ser recreadas, narradas e gravadas.
Bloque 4

Os obxectivos da materia recollidos nestas unidades en Proens que se traballan neste REA son os que seguen: 

Obxectivos Descrición
OBX 1 Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.
OBX 2 Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX 3 Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX 4
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente recollidos nestas unidades en Proens e que son traballadas neste recurso. 

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1 e 3
Competencia dixital (CD) 1 e 2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 3 e 5
Competencia cidadá (CC) 1, 2 e 3
Competencia emprendedora (CE) 1, 2 e 3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) 1, 2, 3 e 4
Competencia plurilingüe (CP) 1 e 3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1, 2, e 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)