Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 12 sesións, nunha procura de equilibro entre as sesións na aula ordinaria para a presentación do REA, tarefas de investigación e creación de produtos.

Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase. 

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
FASE 1

1. Preparámonos

   1.1. Un reto ao estilo Warhol

   1.2. Que conseguiremos

   1.3. Como o faremos

   1.4. Os equipos artísticos

   1.5. Diario de aprendizaxe

Presentación do proxecto.

Metas do reto.

Formación de equipos.

Sesión 1 (Aula ordinaria)

FASE 2

2. Inspirámonos

   2.1. En equipo

   2.2. Agora ti

2.3. Diario de aprendizaxe

Actividades para reflexionar sobre instalacións artísticas,  Warhol e a cultura Pop en grupo.

Actividades e xogos para reflexionar individualmente e en equipo.

Sesión 2 (Aula ordinaria)

FASE 3

3. Dámoslle forma

   3.1. O agamógrafo da Paz

   3.2. Entroido publicitario

   3.3. Acetato Colaxe

3.4. Con M de muller

   3.5. Antes de rematar

   3.6. Diario de aprendizaxe

Posta en práctica de técnicas propias do estilo Arte Pop, empregadas por Andy Warhol: colaxe, repetición de cores, etc. para crear anuncios para o Entroido e retratos polo Día da Muller.

Iníciase ao alumnado no emprego do debuxo técnico  ao traballar con liñas (agamógrafo polo Día da Paz) e do uso das imaxes respectando as súas licenzas para crear un cartel publicitario para o Entroido.

Sesión 3 (Aula ordinaria)

Sesión 4 (Aula ordinaria)

Sesión 5 (Aula ordinaria)

Sesión 6 (Aula ordinaria)

Sesión 7 (Aula ordinaria)

Sesión 8 (Aula ordinaria)

FASE 4

4. EUREKA!

   4.1. Preparadas e preparados?

   4.2 Listas e listos? Xa!

4.3. Diario de aprendizaxe

Montaxe en grupo do reto final.

Presentación do produto creado (instalación con recunchos artísticos) ao resto do centro.

Sesión 9 (Aula ordinaria)

Sesión 10 (Aula ordinaria)

Sesión 11 (aula multisensorial ou outra a escoller para desenvolver a instalación)

FASE 5

5. Verificamos

   5.1. Que aprendiches?

   5.2. A miña aprendizaxe

   5.3. O traballo en equipo

   5.4. Cápsula do tempo

5.5. Diario de aprendizaxe

Valoración do proxecto.

Sesión 12 (Aula ordinaria)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)