Saltar navegación

3. Guía de uso

Enfoque do REA

Este REA está deseñado para desenvolverse en 12 sesións na aula ordinaria de Educación Plástica e Visual. O proxecto busca adaptarse a calquera contexto educativo utilizando como fío condutor ao artista Andy Warhol, cuxa estética e técnicas impregnarán todas as creacións do alumnado. Neste proceso, a decoración do centro para as conmemoracións do Samaín, o Magosto e o Nadal cobrará unha importancia fundamental.

O alumnado realizará producións propias, tanto plásticas como tecnolóxicas, integrando así os catro bloques de contidos nos que se divide a área. O traballo en equipo será o piar esencial para alcanzar o éxito en cada un dos retos propostos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)