Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 12 sesións, nunha procura de equilibro entre as sesións na aula ordinaria para a presentación do REA, tarefas de investigación e creación de produtos.
Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| FASE 1 |
1. Preparámonos 1.1 Un reto ao estilo Warhol 1.2 Que conseguiremos 1.3 Como o faremos 1.4 Os equipos 1.5 Diario de aprendizaxe |
Presentación do proxecto. Metas do reto. Formación de equipos. |
Sesión 1 (Aula ordinaria) |
| FASE 2 |
2. Inspirámonos 2.1 En equipo 2.2 Agora ti |
Actividades para reflexionar sobre Warhol e a cultura Pop en grupo. Actividades e xogos para reflexionar individualmente. |
Sesión 2 (Aula ordinaria) |
| FASE 3 |
3. Dámoslle forma 3.1 Coñecendo a Andy 3.2 As licenzas en Internet 3.3 A liña manchada 3.4 Art- sleigh 3.5 Os planos fotográficos 3.6 Antes de rematar... |
Posta en práctica de técnicas propias do estilo Arte Pop, empregadas por Andy Warhol: liña manchada, serigrafía, estampado, auto-arte. Iníciase ao alumnado no emprego dos planos fotográficos e do uso das imaxes respectando as súas licenzas. |
Sesión 3 (Aula ordinaria) Sesión 4 (Aula ordinaria) Sesión 5 (Aula ordinaria) Sesión 6 (Aula ordinaria) Sesión 7 (Aula ordinaria) Sesión 8 (Aula ordinaria) |
| FASE 4 |
4. EUREKA 4.1 Creamos un documental 4.2 Estreamos o documental |
Montaxe en grupo do reto final. Presentación do produto creado (documental) ao resto do centro. |
Sesión 9 (Aula ordinaria) Sesión 10 (Aula ordinaria) Sesión 11 (Salón de actos ou espazo habilitado) |
| FASE 5 |
5. Verificamos 5.1 Que aprendiches? 5.2 A miña aprendizaxe 5.3 O traballo en equipo 5.4 Cápsula do tempo |
Valoración do proxecto |
Sesión 12 (Aula ordinaria) |