Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa expóñense os criterios de avaliación específicos deste REA xunto cos seus mínimos de consecución recollidos nestas unidades en Proens, así como os instrumentos cos que se avalían acompañados da súa ponderación en base ao recollido na programación modelo.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1 - Distinguir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas. |
Identifica os recursos e materiais utilizados para elaborar unha obra. |
TI |
1 |
5 |
|
CA1.2 - Describir manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, explorando as súas características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación plástica e visual, empregando o vocabulario específico destas. |
Coñece, lembra e describe, de forma oral e escrita e empregando un vocabulario axeitado, os datos máis relevantes da vida e obra de Andy Warhol. |
TI |
4 |
5 |
|
CA1.3 - Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colaborativa. |
Coñece e identifica as características fundamentais do estilo Pop Art. |
TI |
4 |
6 |
|
CA1.4 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. |
Analiza as posibilidades de materiais, texturas, formas e cores aplicados sobre diferentes soportes. |
TI |
1 |
6 |
|
CA1.5 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. |
Analiza e compara as texturas naturais, artificiais, visuais e táctiles, e realiza traballos artísticos utilizando estes coñecementos. |
TI |
1 |
6 |
|
CA1.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas plásticas e visuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. |
Deseña un instrumento musical empregando as formas xeométricas aprendidas.Participa nas actividades propostas con interese e colaboración. |
TI |
1 |
6 |
|
CA2.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. |
Debuxa formas, figuras e elementos do contexto con dimensións, proporcións, cores e tamaños axeitados. |
TI |
1 |
6 |
|
CA2.3 - Planificar e deseñar producións culturais e artísticas plásticas e visuais colectivas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade. |
Participa positivamente na realización dunha serigrafía con técnicas postmodernas. |
TI |
4 |
5 |
|
CA2.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe plástica e visual e diferentes técnicas artísticas. |
Combina e analiza as cores para utilizalas correctamente nas composicións individuais e grupais. |
TI |
1 |
6
|
|
CA2.6 - Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. |
Valora as obras de arte nas súas diversas manifestacións.Mantén Mantén limpos e coidados os materiais de pintura e modelado (ceras, pinceis, mesas...). |
TI |
1 e 4 |
5 |
|
CA3.1 - Distinguir propostas artísticas audiovisuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas. |
Distingue o tema ou xénero de obras plásticas. |
TI |
1 |
5 |
|
CA3.2 - Describir manifestacións culturais e artísticas audiovisuais, explorando as súas características con interese, establecendo relacións básicas entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación audiovisual, e empregando o vocabulario específico destas. |
Experimenta de forma oral e escrita as propias ideas e emocións suxeridas pola observación da obra artística de Andy Warhol. |
TI |
4 |
5 |
|
CA3.4 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas audiovisuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. |
Coñece a evolución da fotografía desde o branco/negro á cor, e do formato papel ao dixital, e valora as posibilidades que ofrece a tecnoloxía. |
TI |
1 |
5 |
|
CA3.5 - Valorar as sensacións e as emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas audiovisuais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. |
Organiza e planifica o seu proceso creativo desenvolvéndoo en esbozos e elixindo os que mellor se axeiten aos seus propósitos na obra final. |
TI |
1 |
6 |
|
CA3.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas audiovisuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. |
Recoñece o significado do consentimento da difusión de imaxes, respectando as decisións doutras persoas. |
TI |
1 e 4 |
6 |
|
CA4.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe, o son e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. |
Realiza fotografías utilizando medios tecnolóxicos e analizando o encadre máis axeitado. |
TI |
1 |
6 |
|
CA4.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas audiovisuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe audiovisual e diferentes técnicas artísticas. |
Emprega as tecnoloxías da información e da comunicación para documentarse sobre o contexto cultural, artístico e sobre a pescuda de material para a elaboración de traballos grupais. |
TI |
1 |
6 |
|
CA4.6 - Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas audiovisuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. |
Participa nas actividades propostas con interese e colaboración. |
TI |
1 |
5 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||