Tengo una idea...
Durante a aplicación do REA "Tengo una idea...", o alumnado de Matemáticas de 5º de Educación Primaria poderá adquirir e afianzar os coñecementos sobre a representación espacial e o movemento (planos, coordenadas, escala e movementos no plano), grazas á aplicación destes conceptos no deseño e rehabilitación dun obxecto ou espazo.
A través desta situación de aprendizaxe, o alumnado vese inmerso nunha metodoloxía práctica e creativa que fomenta o traballo en equipo e a aplicación directa dos coñecementos espaciais ao proceso de deseño. As actividades céntranse na representación de obxectos en 2D e 3D, a localización de puntos, a comprensión da escala e a simulación de movementos e desprazamentos no plano, o que obriga ao alumnado a transformar as ideas en representacións gráficas.
Este recurso organízase en cinco bloques que guían o progreso desde a concepción da idea ata a elaboración dun plano ou maqueta.
- Fase 1: "Mentes en construcción". Descrición do reto: introdución á temática e ao obxectivo.
- Fase 2: "La primera piedra". Exploración: traballo cos fundamentos da representación. O alumnado practica o deseño inicial en dúas e tres dimensións e introduce conceptos como a localización.
- Fase 3: "Laboratorio de ideas". Conexión: traballo intensivo coa xeometría de posición e movemento. O alumnado traballa coa localización de elementos, simulan movementos ou transformacións no plano e aplican a escala a planos e deseños.
- Fase 4: "¡Vuestra idea!". Reto final: fase de síntese onde o alumnado desenvolve a súa idea e elabora un plano como produto final.
- Fase 5: "La mejor idea". Conclusión: exposición e coavaliación dos produtos finais.
O proxecto non só persegue obxectivos puramente matemáticos, senón que tamén busca desenvolver habilidades de deseño, visualización, traballo en equipo e comunicación de proxectos de forma práctica e contextualizada. Deste xeito, o REA garante unha formación integral e práctica, conectando a representación xeométrica coa realidade da enxeñaría.