Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 8 que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 01/07/2024).

As 9 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¿Cuánto cuesta una casa?" 1. Canto custa unha casa? CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9, CA6.4. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 2: "Enredando por el mercado" 2. Enredando no mercado CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.3, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 3: "La gran aventura decimal" 3. A gran aventura decimal. Programando unha excursión CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8. 12 % 14 sesións do 1º trimestre
REA 4: "Un viaje matemático por el reino animal"

4. Unha viaxe matemática polo mundo animal.

5. Descifrando os animais

CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.9, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8,

CA3.2, CA3.4, CA3.8 (*adiados ao REA 7)

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.7, CA4.9, CA6.2, CA6.3, CA6.6.

12 %

12 %

14 sesións do 2º trimestre

12 sesións do 2º trimestre

REA 5: "A la caza de figuras geométricas" 6. Á caza das figuras xeométricas

CA1.1, CA1.2, CA1.9, CA2.1, CA2.3, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.5, CA4.8, CA6.4, CA6.5, CA6.7.

10 % 15 sesións do 2º trimestre
REA 6: "A vista de pájaro" 7. A vista de paxaro

CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.8, CA2.5, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.5, CA3.8, CA4.3, CA4.6, CA4.9.

10 % 16 sesións do 3º trimestre
REA 7: "Tengo una idea..." 8. Teño unha idea

CA1.1, CA1.5, CA1.9, CA2.7, CA3.2, CA3.3, CA3.6, CA3.7, CA3.4, CA3.8 (**)

CA4.1, CA4.4, CA6.3, CA6.4, CA6.5.

10 % 13 sesións do 3º trimestre
REA 8: "Al mal tiempo... buenos datos" 9. A mal tempo... bos datos! CA1.3, CA4.5, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.6. 10 % 16 sesións do 3º trimestre

 (*) Os CA correspondentes ao bloque 3 adíanse do REA 4 ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

 (**) CA3.4, CA3.8 Foron eliminados do REA 4 e engadidos ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 5º de EP:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, relaciónase esta situación de aprendizaxe cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  1. ODS 4  Educación de calidade.
       A actividade busca mellorar a calidade da educación ao promover un enfoque práctico e inmersivo para a aprendizaxe da xeometría.
  2. ODS 9  Industria, innovación e infraestruturas.
       Ao traballar con espazos físicos e a transformación dos mesmos, realizando planos e maquetas.

Ao conectar estes eixes da materia cos obxectivos de desenvolvemento sostible, búscase un enfoque educativo integral que non só promove o dominio dos conceptos matemáticos, senón tamén a súa aplicación en contextos relevantes e socialmente responsables.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 5º de EP, correspóndese á unidade didáctica 8.

Trabállanse os seguintes contidos, facendo fincapé nos que se adiaron a este REA, os referidos a localización e movementos (C3.1.1, C3.2, C3.3).

Máis concretamente, trabállanse os seguintes contidos.

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Sentido das operacións
    • C1.3.4 - Resolución de problemas contextualizados con operacións aritméticas combinadas (con números naturais, decimais e fraccións) con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias con flexibilidade e sentido e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade.
Bloque 1. Sentido numérico
  • C2.3 - Estimación e relacións
    • C2.3.1 - Estratexias de comparación e ordenación de medidas da mesma magnitude e aplicación de equivalencias entre unidades para resolver problemas da vida cotiá que impliquen a conversión de unidades.
    • C2.3.4 - Interiorización de medidas de tempo na xestión das emocións, vivencia do tempo de espera, o tempo de calma, as quendas de intervención, a percepción emocional do tempo¿ na planificación do traballo e nas secuencias temporais das súas producións orais e escritas.
Bloque 2. Sentido da medida
  • C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.
    • C3.1.1 - Interpretación e elaboración de mensaxes e descricións relativas ao seu contorno físico, aos obxectos e á arte con vocabulario adecuado relacionado con figuras e corpos xeométricos, relacións (paralelismo, perpendicularidade, simetría) e posicións ou elementos referenciais (coordenadas, puntos cardinais, distancias, ángulos e xiros).
    • C3.1.3 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen o recoñecemento, clasificación e descrición de corpos xeométricos en obxectos e imaxes, demostrando curiosidade por descubrir propiedades e relacións, con explicación do proceso.
  • C3.2 - Localización e sistemas de representación
    • C3.2.1 - Interpretación e descrición co uso de vocabulario adecuado das direccións e da posición relativa en planos e mapas a partir de puntos de referencia (incluídos os puntos cardinais) e indicación relativa de distancias en soportes físicos e virtuais.
    • C3.2.2 - Descrición de posicións e movementos no primeiro cuadrante do sistema de coordenadas cartesiano a través de xogos e retos (gráficos, robótica educativa¿), identificando utilidades habituais.
    • C3.2.3 - Elaboración de itinerarios sinxelos en planos, bosquexos, mapas e maquetas con representación de situacións da vida cotiá.
  • C3.3 - Movementos e transformacións
    • C3.3.1 - Identificación de figuras transformadas en situacións da vida cotiá, observando translacións e simetrías.
    • C3.3.2 - Xeración de figuras transformadas a partir dun patrón, realización de predicións sobre o resultado e contraste das opinións en equipo.
    • C3.3.3 - Identificación de figuras semellantes (ampliacións, reducións) en situacións da vida cotiá.
    • C3.3.4 - Xeración de figuras semellantes a partir de simetrías e translacións dun patrón inicial con predición do resultado.
Bloque 3. Sentido espacial
  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.2 - Creación de patróns recorrentes a partir de regularidades ou doutros patróns con números, figuras ou imaxes.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con representacións con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipóteses, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación, se é necesaria, e explicación do realizado.
Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.2 - Recursos e estratexias para autorregular as emocións implicadas na frustración ante tarefas matemáticas, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe, fixación de metas e obxectivos realistas e alcanzables, autocontrol e adestramento positivo.
    • C6.1.5 - Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, o pensamento autónomo e crítico e a iniciativa na súa aprendizaxe.
    • C6.1.7 - Os enigmas, desafíos, procura de pistas, xeroglíficos, xogos de codificación e decodificación, pasatempos e retos matemáticos para incrementar a creatividade, o descubrimento, a curiosidade e o gusto polas matemáticas.
    • C6.1.8 - Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.
  • C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade
    • C6.2.1 - Expresión de actitudes empáticas inclusivas e non discriminatorias durante a realización das tarefas matemáticas en equipo, mostrando actitudes de comprensión das emocións e experiencias das demais persoas e de sensibilidade e respecto pola diversidade presente na aula.
    • C6.2.2 - Os equipos colaborativos e cooperativos heteroxéneos, mixtos e diversos para clarificar tarefas, debater propostas, chegar a acordos, contrastar opcións, revisar e analizar producións: escoita e participación activa e empática, responsabilidade e exixibilidade individual, interdependencia positiva, respecto polas contribucións de todas as persoas membros do equipo: estratexias e dinámicas cooperativas.
Bloque 6. Sentido socioemocional

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación,para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1-3-5
Competencia plurilingüe (CP) 3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1-2-3-4-5
Competencia dixital (CD) 1-2-3-5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 1-3-4-5
Competencia cidadá (CC) 2-3-4
Competencia emprendedora (CE) 1-2-3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) 1-4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)