Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Algúns dos materiais necesarios son: regra, escuadro, lapis, goma, marcadores, metro flexible, regra, calculadora, regra, cartolinas, escuadro, clips, tesoira, pegamento...

Para os movementos poden empregarse outros materiais como: papel cebola e papel calcante.

Proposta de agrupamentos

Coas actividades grupais preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto aprenderán a coordinarse na realización de tarefas e aumentar a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que utilice este REA na súa aula tendo en conta as seguintes orientacións:

  • Organiza ao teu alumnado en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos de 4 membros nos que cada un pon o seu gran de area, dende os máis proactivos, líderes  aos máis pasivos, non colaborativos etc.
  • Asigna a cada membro do grupo unha función específica que lle permita poñer en valor as súas fortalezas.
  • Crea un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.

Produtos finais

O produto final será un plano ou maqueta do espazo a mellorar.

Enfoque multinivel do reto

Dada a característica do reto, mellorar un espazo, pode acoutarse pedindo a todos os grupos que sexa un concreto (por exemplo o patio) e nunha escala e material concretos, que sexa fácil de realizar e calcular.

Será a persoa profesora da materia a que decida estes puntos, axeitando o reto ao nivel do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)