Saltar navegación

1. Descrición xeral

Tengo una idea...

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado de 5º de Educación Primaria ao estudo da xeometría e o sistema de coordenadas aplicados ao deseño e a representación de espazos, titulado "Tengo una idea...". O obxectivo é que o alumnado integre parte dos bloques do sentido numérico (1), sentido da medida (2), sentido espacial (3), sentido alxébrico e pensamento computacional (4), e socioafectivo (6) tomando como fío condutor o estudo dos espazos do seu centro educativo.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado deberá comezar na etapa "Mentes en construcción" para introducir a análise da situación do seu centro educativo. Logo presentase como reto desenvolver unha proposta de mellora dun espazo do seu centro educativo culminando coa realización da mesma en ¡Vuestra idea!. 

O proceso desenvólvese no "Laboratorio de ideas", onde se abordan os conceptos de coordenadas e movemento para aprender a situarse e a moverse nun plano, utilizando o sistema de coordenadas, a representación espacial para traballar a comprensión e o uso da escala para representar obxectos e planos a diferente tamaño e a visualización 2D e 3D, mediante un deseño no plano e como "Coge altura" para representalo en tres dimensións.

Ao longo deste proceso traballaranse conceptos de sistema de coordenadas cartesianas, escala, perímetro e área e representación bidimensional e tridimensional, que logo aplicarán na elaboración dos seus deseños. Adquiren tamén coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse no pensamento espacial e a elaboración de planos e maquetas sinxelas.

Os obxectivos de aprendizaxe que se pretenden acadar son:

  • Estudar e elaborar diferentes representacións matemáticas (planos, maquetas) para a resolución dunha situación problematizada.
  • Comunicar procesos matemáticos empregando vocabulario axeitado (aplicado a localización, movementos, figuras...).
  • Presentar actitudes positivas ante novos retos seleccionando diferentes estratexias para resolvelos.
  • Investigar patróns e relacións.
  • Representar e localizar puntos no plano.
  • Recoñecer transformacións xeométricas e xerar figuras a partir delas.
  • Recoñecer a utilidade das matemáticas en relación coa realidade e outras áreas do coñecemento.
  • Usar o pensamento lóxico e os coñecementos de matemáticas para atopar solucións a distintos problemas.
  • Realizar proxectos en equipos heteroxéneos, mixtos... respectando as emocións, fomentando o benestar persoal e creando relacións saudables para obter un produto final creativo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)