Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 8 que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 01/07/2024).

As 9 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¿Cuánto cuesta una casa?" 1. Canto custa unha casa? CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9, CA6.4. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 2: "Enredando por el mercado" 2. Enredando no mercado CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.3, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 3: "La gran aventura decimal" 3. A gran aventura decimal. Programando unha excursión CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8. 12 % 14 sesións do 1º trimestre
REA 4: "Un viaje matemático por el reino animal"

4. Unha viaxe matemática polo mundo animal.

5. Descifrando os animais

CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.9, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8,

CA3.2, CA3.4, CA3.8 (*adiados ao REA 7)

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.7, CA4.9, CA6.2, CA6.3, CA6.6.

12 %

12 %

14 sesións do 2º trimestre

12 sesións do 2º trimestre

REA 5: "A la caza de figuras geométricas" 6. Á caza das figuras xeométricas

CA1.1, CA1.2, CA1.9, CA2.1, CA2.3, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.5, CA4.8, CA6.4, CA6.5, CA6.7.

10 % 15 sesións do 2º trimestre
REA 6: "A vista de pájaro" 7. A vista de paxaro

CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.8, CA2.5, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.5, CA3.8, CA4.3, CA4.6, CA4.9.

10 % 16 sesións do 3º trimestre
REA 7: "Tengo una idea..." 8. Teño unha idea

CA1.1, CA1.5, CA1.9, CA2.7, CA3.2, CA3.3, CA3.6, CA3.7, CA3.4, CA3.8 (**)

CA4.1, CA4.4, CA6.3, CA6.4, CA6.5.

10 % 13 sesións do 3º trimestre
REA 8: "Al mal tiempo... buenos datos" 9. A mal tempo... bos datos! CA1.3, CA4.5, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.6. 10 % 16 sesións do 3º trimestre

 (*) Os CA correspondentes ao bloque 3 adíanse do REA 4 ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

 (**) CA3.4, CA3.8 Foron eliminados do REA 4 e engadidos ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 5º de EP:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, relaciónase esta situación de aprendizaxe cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  1. ODS 4  Educación de calidade.
       A actividade busca mellorar a calidade da educación ao promover un enfoque práctico e de inmersión para a aprendizaxe da xeometría.
  2. ODS 17  Alianzas para obxectivos.
       A colaboración entre os estudantes para resolver desafíos e compartir estratexias fomenta unha cultura de traballo en equipo e colaboración, tendo que ver co ODS 17.

Ao conectar estes eixes da materia cos obxectivos de desenvolvemento sostible, búscase un enfoque educativo integral que non só promove o dominio dos conceptos matemáticos, senón tamén a súa aplicación en contextos relevantes e socialmente responsables.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 5º de EP, correspóndese á unidade didáctica 7.

No REA 5, o anterior, fíxose unha primeira aproximación ás figuras e corpos xeométricos, e agora engádense a parte de medida das figuras planas, no cálculo de perímetros e áreas de triángulos e cuadriláteros aludidos no contido (*) C3.4.1 da UD 6 en Proens.

Máis concretamente, trabállanse os seguintes contidos.

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Sentido das operacións
    • C1.3.7 - Construción manipulativa e gráfica de cadrados como produto de factores iguais, investigando patróns e propiedades, como introdución ás potencias e medidas de superficie.
Bloque 1. Sentido numérico
  • C2.3 - Estimación e relacións
    • C2.3.2 - Resolución de retos e problemas que permitan observar e comprobar a relación existente entre o sistema métrico decimal e o sistema de numeración decimal.
    • C2.3.3 - Estratexias para a estimación de medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura por comparación con unidades de medida coñecidas e a súa aplicación en contextos habituais, con verificación dos resultados, comprobación de se son posibles ou non e análises da desviación como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque 2. Sentido da medida
  • C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións
    • (*) C3.1.1 - Interpretación e elaboración de mensaxes e descricións relativas ao seu contorno físico, aos obxectos e á arte con vocabulario adecuado relacionado con figuras e corpos xeométricos, relacións (paralelismo, perpendicularidade, simetría) e posicións ou elementos referenciais (coordenadas, puntos cardinais, distancias, ángulos e xiros). (REA 7)
    • C3.1.2 - Exploración individual e en equipo de propiedades de figuras xeométricas de dúas e tres dimensións mediante materiais manipulables como cuadrículas, xeoplanos, policubos, bloques xeométricos, organicubos, katamino, crebacabezas xeométricos, tangram e o manexo de ferramentas dixitais de xeometría dinámica, realidade aumentada e robótica educativa para a procura de regularidades, comparación e clasificación con criterios sinxelos e explicación do proceso.
    • (*) C3.1.3 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen o recoñecemento, clasificación e descrición de corpos xeométricos en obxectos e imaxes, demostrando curiosidade por descubrir propiedades e relacións, con explicación do proceso. (REA 5)
    • C3.1.4 - Estratexias e técnicas de construción de figuras e corpos xeométricos por composición e descomposición, mediante materiais manipulables, instrumentos de debuxo (regra, escuadro, compás) e aplicacións informáticas, con explicación do proceso seguido.
Bloque 3. Sentido espacial
  • C4.1 - Patróns
    • C4.1.2 - Creación de patróns recorrentes a partir de regularidades ou doutros patróns con números, figuras ou imaxes.
  • C4.2 - Modelo matemático
    • C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con representacións con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipóteses, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación, se é necesaria, e explicación do realizado.
  • C4.3 - Relacións e funcións
    • C4.3.2 - Obtención de datos sinxelos descoñecidos representados por medio dun símbolo ou completado de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.
  • C4.4 - Pensamento computacional
    • C4.4.1 - Estratexias para a interpretación, modificación e creación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián e o xogo nas regras de xogos, instrucións secuenciais, bucles, patróns repetitivos, representacións computacionais.
Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional

(*) C3.1.1 adíase ao REA 7, xa que o número de sesións deste REA non son suficientes para abordar toda os proposta.

(*) C3.1.3 Os corpos xeométricos trátanse no REA 5.

Engádese o contido:

(*) C3.4.1 - Resolución e formulación de problemas da vida cotiá que impliquen o uso de estratexias variadas para o cálculo de perímetros e áreas de figuras planas (triángulos, cadrados e rectángulos), con contraste de estratexias e resultados.

Aínda que non se menciona de xeito directo en Proens, si na redacción dos mínimos, polo que se engadiu a este REA.

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación,para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1-3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1-2-3-4
Competencia dixital (CD) 1-3-5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 4-5
Competencia cidadá (CC) 4
Competencia emprendedora (CE) 3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) 1-4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)