Temporalización do REA
Este REA está pensado para desenvolver en 16 sesións a traballar durante o terceiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Galicia vuela alto |
1.1. La ciudad geométrica |
Motivación e presentación da tarefa. Introdución ao reto e a súa relación coas matemáticas. Primeira reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
1 sesión. |
|
2. Ciudades antiguas |
2.1. Midiendo la ciudad 2.2. Por dentro o por fuera 2.3. Guardando las formas 2.4. Analiza el entorno |
Sesións adicadas a lembrar conceptos xa adquiridos con anterioridade, referidas ás figuras planas e a súa clasificación. No diario de aprendizaxe realizarán unha reflexión metacognitiva. |
4 sesións |
|
3. Ciudades modernas |
3.1. El límite del campo 3.2. Área recreativa 3.3. Embaldosando la ciudad 3.4. La plaza cuadrada 3.5. El tejado 3.6. Puzles desde el aire 3.7. Restaurando el paseo |
Reflíctense conceptos e actividades para profundar nos coñecementos do perímetro e área das figuras planas de tres e catro lados. Tarefas interactivas e non interactivas, niveladas en dificultade crecente, para que o alumnado vaia progresando ao seu ritmo na aprendizaxe. Culmínase cunha reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
8 sesións |
|
4. El mural de la ciudad |
4. El mural de la ciudad |
Tratarase que o alumnado sexa quen de manexar os conceptos traballados ao longo do proceso para crear o mural coa xeometría do lugar onde viven. Nova reflexión metacognitiva a recoller no diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
5. Muestra tus obras |
5. Muestra tus obras |
Adícase esta fase á reflexión sobre o aprendido, tanto de xeito individual como de grupo. Abórdase a conclusión final incluíndo instrumentos para realizar unha coavaliación da resolución do reto así como para unha auto-reflexión por parte do alumnado. Inclúese a última reflexión metacognitiva final a engadir no diario de aprendizaxe. |
1 sesións |