Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recomendacións para unha correcta implantación do REA na aula de 5º.

Recursos materiais necesarios

Este recurso está deseñado para a súa utilización na aula, no colexio e na contorna, polo que algúns dos materiais necesarios para o seu aproveitamento son:

  • Policubos.
  • Equipos informáticos co software GeoGebra.
  • Cámara fotográfica.

Proposta de agrupamentos

Coas actividades grupais preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto aprenderán a coordinarse na realización de tarefas e aumentar a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que utilice este REA na súa aula tendo en conta as seguintes orientacións:

  • Organiza ao teu alumnado en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos de 4 membros nos que cada un pon o seu gran de area, dende os máis proactivos, líderes  aos máis pasivos, non colaborativos etc.
  • Asigna a cada membro do grupo unha función específica que lle permita poñer en valor as súas fortalezas.
  • Crea un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.

Produtos finais

O reto final deste REA é que o alumnado faga un catálogo de figuras xeométricas do entorno de como mínimo cinco figuras xeométricas. 

Dado que a presenza de maior variedade de figuras xeométricas depende do entorno no que se desenvolva a actividade, debe ser o docente quen indique os lugares de traballo, podendo usar os datos das actividades previas ou ben usar datos novos dunha contorna diferente.

Enfoque multinivel do reto

Dado que o catálogo pode conter maior número de figuras xeométricas, o alumnado ou o profesorado pode indicar a necesidade de incluír un maior número de figuras xeométricas. 

Ademais, o catálogo pódese realizar en soporte físico ou soporte dixital, utilizando tanto fotografías como debuxos realizados polo alumnado. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)