Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. |
Mostrar actitudes positivas ante retos matemáticos tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | TI | 6 | 4 |
| CA1.2 - Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica. | Interpretar, de forma verbal ou gráfica, problemas da vida cotiá relacionados coas figuras planas, comprendendo as preguntas formuladas a través de diferentes estratexias ou ferramentas, incluídas as tecnolóxicas. |
TI | 6 | 4 |
| CA1.9 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. | Comunicar oralmente e de forma gráfica as conxecturas e procesos matemáticos relacionados coas figuras planas, utilizando linguaxe matemática adecuada. | TI | 6 | 4 |
| CA2.1 - Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | Participar no reparto de tarefas, respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas de traballo en equipo. | TI | 6 | 6 |
| CA2.3 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida. |
PE |
6 | 12 |
| CA2.6 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Utilizar as conexións entre as matemáticas, as ciencias, a ética, os ODS e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | PE (non incluída no REA) |
6 | 12 |
| CA3.1 - Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. | Traballar en equipo activamente comunicándose adecuadamente, respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas na igualdade e a resolución pacífica de conflitos. | TI | 6 | 10 |
| CA3.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Comparar entre diferentes estratexias para resolver un problema de forma pautada. | PE (non incluída no REA) |
6 | 12 |
| CA3.5 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. | Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos xeométricos aplicando coñecementos e experiencias propios. | PE (non incluída no REA) | 6 | 12 |
| CA4.8 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. | Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos xeométricos aplicando coñecementos e experiencias propios. | PE (non incluída no REA) |
6 | 12 |
| CA6.4 - Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | Participar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. | TI | 6 | 4 |
| CA6.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Analizar conxecturas matemáticas sinxelas relacionadas coas figuras planas investigando patróns, propiedades e relacións de forma pautada. | TI | 6 | 4 |
| CA6.7 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. | Interpretar situacións en contextos diversos recoñecendo as conexións entre as matemáticas e a vida cotiá. | TI | 6 | 4 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||