Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 8 que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 01/07/2024).

As 9 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¿Cuánto cuesta una casa?" 1. Canto custa unha casa? CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9, CA6.4. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 2: "Enredando por el mercado" 2. Enredando no mercado CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.3, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 3: "La gran aventura decimal" 3. A gran aventura decimal. Programando unha excursión CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8. 12 % 14 sesións do 1º trimestre
REA 4: "Un viaje matemático por el reino animal"

4. Unha viaxe matemática polo mundo animal.

5. Descifrando os animais

CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.9, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8,

CA3.2, CA3.4, CA3.8 (*adiados ao REA 7)

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.7, CA4.9, CA6.2, CA6.3, CA6.6.

12 %

12 %

14 sesións do 2º trimestre

12 sesións do 2º trimestre

REA 5: "A la caza de figuras geométricas" 6. Á caza das figuras xeométricas

CA1.1, CA1.2, CA1.9, CA2.1, CA2.3, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.5, CA4.8, CA6.4, CA6.5, CA6.7.

10 % 15 sesións do 2º trimestre
REA 6: "A vista de pájaro" 7. A vista de paxaro

CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.8, CA2.5, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.5, CA3.8, CA4.3, CA4.6, CA4.9.

10 % 16 sesións do 3º trimestre
REA 7: "Tengo una idea..." 8. Teño unha idea

CA1.1, CA1.5, CA1.9, CA2.7, CA3.2, CA3.3, CA3.6, CA3.7, CA3.4, CA3.8 (**)

CA4.1, CA4.4, CA6.3, CA6.4, CA6.5.

10 % 13 sesións do 3º trimestre
REA 8: "Al mal tiempo... buenos datos" 9. A mal tempo... bos datos! CA1.3, CA4.5, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.6. 10 % 16 sesións do 3º trimestre

 (*) Os CA correspondentes ao bloque 3 adíanse do REA 4 ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

 (**) CA3.4, CA3.8 Foron eliminados do REA 4 e engadidos ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 5º de EP:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, relaciónase esta situación de aprendizaxe cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  1. ODS 4  Educación de calidade.
      Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos.
  2. ODS 15  Vida de ecosistemas terrestres.
      Xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras, deter a perda de biodiversidade.

Ao conectar estes eixes da materia cos obxectivos de desenvolvemento sostible, búscase un enfoque educativo integral que non só promove o dominio dos conceptos matemáticos, senón tamén a súa aplicación en contextos relevantes e socialmente responsables.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 5º de EP, correspóndese ás unidades didácticas 4 e 5, aínda que non se tratan os contidos referidos a movementos (C3.3) do bloque 3.

Máis concretamente, trabállanse os seguintes contidos.

Contidos Bloque da materia
  • C1.3 - Sentido das operacións
    • C1.3.2 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen a comprensión da utilidade das operacións aritméticas con números naturais, decimais e fraccións e o seu uso con flexibilidade e sentido, seguindo os procesos adecuados.
    • C1.3.3 - Procesos na resolución de problemas: interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, formulación de hipótese de resolución e proposta de plan, contraste de puntos de vista, simbolización, elaboración, expresión da solución de forma clara, ordenada e coas unidades correctas, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos con explicitación do proceso seguido.
    • C1.3.4 - Resolución de problemas contextualizados con operacións aritméticas combinadas (con números naturais, decimais e fraccións) con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias con flexibilidade e sentido e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade.
  • C1.4 - Relacións
    • C1.4.2 - Comparación e ordenación de números naturais, decimais e fraccións con igual denominador como solución de problemas de situacións cotiás, con interpretación e expresión do resultado exacto ou estimado da comparación e uso adecuado da simboloxía das relacións numéricas.
Bloque 1. Sentido numérico
  • C2.1 - Magnitude
    • C2.1.1 - Recoñecemento, ordenación, clasificación e uso das unidades de medida do sistema métrico decimal (lonxitude, masa, capacidade e superficie), do tempo, da temperatura e de ángulos (graos) en situacións habituais e da súa contorna; elección da medida máis adecuada en cada situación.
  • C2.2 - Medición
    • C2.2.1 - Resolución de problemas, de forma individual e en equipo, que impliquen a realización de medicións (lonxitude, masa, capacidade, tempo e ángulos) no contexto escolar: selección e uso do instrumento adecuado (analóxicos ou dixitais), elección das unidades máis apropiadas ao contexto e tamaño, coñecemento das equivalencias entre medidas, medición precisa seguindo os procesos adecuados.
  • C2.3 - Estimación e relacións
    • C2.3.1 - Estratexias de comparación e ordenación de medidas da mesma magnitude e aplicación de equivalencias entre unidades para resolver problemas da vida cotiá que impliquen a conversión de unidades.
    • C2.3.2 - Resolución de retos e problemas que permitan observar e comprobar a relación existente entre o sistema métrico decimal e o sistema de numeración decimal.
    • C2.3.3 - Estratexias para a estimación de medidas do sistema métrico decimal, de ángulos, tempo e temperatura por comparación con unidades de medida coñecidas e a súa aplicación en contextos habituais, con verificación dos resultados, comprobación de se son posibles ou non e análises da desviación como parte do proceso de aprendizaxe.
    • C2.3.4 - Interiorización de medidas de tempo na xestión das emocións, vivencia do tempo de espera, o tempo de calma, as quendas de intervención, a percepción emocional do tempo na planificación do traballo e nas secuencias temporais das súas producións orais e escritas.
Bloque 2. Sentido da medida
  • (*) C3.3 - Movementos e transformacións (REA 7)
    • C3.3.1 - Identificación de figuras transformadas en situacións da vida cotiá, observando translacións e simetrías.
    • C3.3.2 - Xeración de figuras transformadas a partir dun patrón, realización de predicións sobre o resultado e contraste das opinións en equipo.
    • C3.3.3 - Identificación de figuras semellantes (ampliacións, reducións) en situacións da vida cotiá.
    • C3.3.4 - Xeración de figuras semellantes a partir de simetrías e translacións dun patrón inicial con predición do resultado.

(*)

Bloque 3. Sentido espacial

  • C4.3 - Relacións e funcións
    • C4.3.1 - Comparación de números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, <, >).
Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional 
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Autorregulación das emocións que poidan facilitar ou prexudicar a aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recursos e estratexias para autorregular as emocións implicadas na frustración ante tarefas matemáticas, valoración do erro como oportunidade de aprendizaxe, fixación de metas e obxectivos realistas e alcanzables, autocontrol e adestramento positivo.
    • C6.1.7 - Os enigmas, desafíos, procura de pistas, xeroglíficos, xogos de codificación e decodificación, pasatempos e retos matemáticos para incrementar a creatividade, o descubrimento, a curiosidade e o gusto polas matemáticas.
    • C6.1.8 - Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.
  • C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade
    • C6.2.2 - Os equipos colaborativos e cooperativos heteroxéneos, mixtos e diversos para clarificar tarefas, debater propostas, chegar a acordos, contrastar opcións, revisar e analizar producións: escoita e participación activa e empática, responsabilidade e esixibilidade individual, interdependencia positiva, respecto polas contribucións de todas as persoas membros do equipo: estratexias e dinámicas cooperativas.
    • C6.2.4 Recoñecemento das contribucións de matemáticas e matemáticos a diversos ámbitos do saber como mecanismo de construción dunha identidade positiva propia.
Bloque 6. Sentido socioemocional 
(*) C3.3 - Movementos e transformacións adíanse ao REA 7, xa que se tratan de forma conxunta con (*) C3.1.1, (*) C3.2  Localización e representación, que non figuran nos contidos deste REA.

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación,para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1-3-5
Competencia plurilingüe (CP) 3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1-2-3-4-5
Competencia dixital (CD) 1-2-3-5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 1-3-4-5
Competencia cidadá (CC) 2-3-4
Competencia emprendedora (CE) 1-2-3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) 1-4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)