Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recomendacións para unha correcta aplicación do REA na aula de 5º EP:

Recursos materiais necesarios

Consideramos necesario compaxinar os recursos dixitais cos manipulativos e o uso de recursos tradicionais (lapis, caderno...).

Achéganse en formato editable distintas fichas de apoio e outros documentos coma os carnés do alumnado para o traballo colaborativo.

Recoméndase revisalas antes de entregar ao alumnado por se fose preciso modificar algún texto ou espazo para escribir nelas de xeito manual.

Proposta de agrupamentos 

Coas actividades grupais preténdese que o alumnado traballe de forma cooperativa e colaborativa. Con isto aprenderán a coordinarse na realización de tarefas e aumentar a súa autonomía persoal. Búscase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo a “democracia de grupo”. Para iso, recoméndase ao profesorado que utilice este REA na súa aula tendo en conta as seguintes orientacións:

  • Organiza ao teu alumnado en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos de 4 membros nos que cada un pon o seu gran de area, dende os máis proactivos, líderes  aos máis pasivos, non colaborativos etc.
  • Asigna a cada membro do grupo unha función específica que lle permita poñer en valor as súas fortalezas.
  • Crea un clima de traballo positivo e participativo, poñendo en valor os progresos e aconsellando nas dificultades.

Produtos finais

O reto final deste REA é que o alumnado faga unha invitación para a celebración dunha festa, poñendo como condición un número mínimo de informacións e fraccións a utilizar. 

Dado que  a temática da celebración e os produtos son variables, debe ser o docente quen indique como elixirán esta información, podendo usar os datos das actividades previas ou ben usar datos reais elixidos previamente polo profesorado.

Enfoque multinivel do reto

Dado que o lugar e as actividades se deixan abertas ao describir o reto, pódense acoutar adaptando a dificultade ás características do alumnado.

O enforque multinivel do reto céntrase na presentación do mesmo en diferentes formatos (papel ou dixital) e no número de fraccións a utilizar para a realización do deseño da invitación. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)