Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Seleccionar entre as diferentes estratexias para resolver problemas de fraccións, xustificando a súa elección. | TI | 2 | 5 |
| CA1.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema de fraccións, seguindo algunha estratexia coñecida, tal como a representación gráfica, busca de fraccións equivalentes. | PE (Non incluída no REA) | 2 | 20 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Formular conxecturas matemáticas sinxelas ao investigar patróns, propiedades e relacións, vinculadas coas operacións das fraccións. |
TI | 2 | 5 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. |
Formular problemas con fraccións, relacionados coas situacións cotiás, resolvéndose de xeito matemático. |
PE (Non incluída no REA) | 2 | 20 |
| CA1.8 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. |
Interpretar situacións da vida real, en contextos non matemáticos, que se poidan vincular coas fraccións. |
PE (Non incluída no REA) | 2 | 10 |
| CA1.9 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. |
Explicar os procesos e as ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución, ou os resultados obtidos nos problemas de fraccións, utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos. |
TI | 2 | 5 |
| CA4.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. |
Seleccionar entre as diferentes estratexias para resolver problemas coas fracción, xustificando a súa elección. |
PE (Non incluída no REA) | 2 | 10 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. |
Obter a solución a un problema de de operacións de fraccións, seleccionando unha das estratexias para a sua solución. |
TI | 2 | 5 |
| CA4.8 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. |
Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios no campo das fraccións. |
TI | 2 | 5 |
|
CA6.3 - Traballar en equipo activa, respectuosa e responsablemente, mostrando iniciativa, comunicándose de forma efectiva, valorando a diversidade, mostrando empatía e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. |
Traballar en equipo activa e respectuosamente , respectando a diversidade do grupo e establecendo relacións saudables baseadas no respecto, a igualdade e a resolución pacífica de conflitos. |
TI | 2 | 10 |
| CA6.6 - Utilizar conexións entre diferentes elementos matemáticos mobilizando coñecementos e experiencias propios. |
Realizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias propios no campo das fraccións. |
TI | 2 | 5 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||