Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está pensado para desenvolver en 20 sesións a traballar durante o primeiro trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Una parte de Galicia

1.1. La fiesta de las fracciones

Sesión de introdución e motivación sobre o reto.

Descríbese a formación de equipos e os elementos que compoñen o reto.

Primeira reflexión para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal.

1 Sesión

2. Plan inicial

2.1. Fraccionando el mercado

2.2. La tarta entera

Sesións para conectar cos coñecementos de 4.º de Primaria.

Faise un repaso dos concepto de fracción e a fracción como unidade.

Segunda reflexión no diario de aprendizaxe.

4 Sesións

3. Los preparativos

3.1. La cantidad de rosquillas

3.2. Comparando empanadas

3.3. Distinta pizza, mismos trozos

3.4. Merienda de fracciones

3.5. Productos de mercado

3.6. Dividiendo los puestos

3.7. Recetas

3.8. Asistentes a la fiesta

Sesións con actividades nas que se desenvolven os contidos e procedementos sobre fraccións e operacións contextualizados ao entorno do mercado e da celebración dunha festa.

10 Sesións

4. La invitación

4. La invitación

Proponse deseñar unha invitación de festa tendo en conta os requisitos que debe cumprir.

Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e en equipo reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final.

3 Sesións

5. La fiesta

5. La fiesta

Sesión vinculadas á exposición do reto.

Auto-reflexión, individual e en equipos, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles.

1 + 1 Sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)