Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que contén a unidade didáctica 7 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.4: Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios, recoñecendo os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal guiada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha consideración social equilibrada das dúas linguas oficiais. | Participa nos debates con corrección e respecto polas opinións das demais persoas. | Táboa de indicadores | 7 | 10 |
| CA2.3: Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos. | Expón as súas opinións de xeito fluído. | Táboa de indicadores | 7 | 12 |
| CA2.4: Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso. | Participa na comunicación respectando a quenda. | Táboa de indicadores | 7 | 12 |
| CA2.5: Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir de experiencias e interaccións orais próximas. | Expresa coherentemente as súas opinións | Táboa de indicadores | 7 | 12 |
| CA2.8: Mobilizar coa planificación e o acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos e propondo solucións creativas. | Escoita as opinións alleas | Táboa de indicadores | 7 | 12 |
| CA3.3: Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, en lingua galega identificando palabras clave e anticipando hipóteses. | Recoñece e comprende distintos tipos de textos. | Proba escrita | 7 | 12 |
| CA3.10: Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. | Respecta diferentes opinións a través do pensamento crítico. | Táboa de indicadores | 7 | 10 |
| CA4.2: Compartir os resultados dun proceso de investigación individual ou grupal, sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira progresivamente autónoma, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes incluídas as dixitais. | Explica brevemente un proceso de investigación previo | Proba escrita | 7 | 10 |
| CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. | Diferenza algunhas categorías gramaticais recoñecendo o verbo. | Proba escrita | 7 | 12 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); Proba escrita: Proba escrita, Táboa de indicadores: Táboa de indicadores | ||||