Un concello para nós
Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado para traballar co alumnado o emprego e creación de diferentes tipos de textos non literarios. Partiremos da contorna máis inmediato, a localidade onde vive, para, en base a este eixo vertebrador, analizar información e crear os nosos propios textos. Trataremos de fomentar a creatividade propoñendo que os nenos e as nenas creen o seu propio concello imaxinario, que deberá conter aqueles elementos e instalacións que consideren de importancia.
Proponse ao longo de todo o REA a participación activa do alumnado mediante debates e toma de decisións ordenadas e respectuosas, empregando unha linguaxe inclusiva.
As metas de aprendizaxe son:
- Aprender a redactar textos informativos e de opinión.
- Empregar textos argumentativos nun debate.
- Coñecer os xentilicios da contorna.
- Coñecer algúns dos topónimos máis habituais da contorna.
- Comunicarse co concello da localidade.