Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "Un concello para nós"

O REA "Un concello para nós" ten como finalidade o desenvolvemento da competencia lingüística, en lingua galega, partindo da experiencia diaria no espazo onde habita o alumnado. Ten unha clara relación coa área de Ciencias Sociais e é moi recomendable facelo coincidir no tempo co traballo que nesta área se fai sobre o concello.

As diferentes fases do REA están pensadas para achegar a información e as estratexias que necesarias para acadar os retos propostos, tendo en conta o DUA para, desta maneira, chegar á totalidade do alumnado, independentemente das súas características.

Pretende aproveitar os coñecementos e a motivación que o traballo sobre o ámbito vital máis próximo nos pode achegar. Deberemos deixar liberdade ao alumnado para que escollan os elementos que desexan na súa localidade.

Partimos dunha situación que empregue a tecnoloxía non como un fin senón como un apoio e un complemento, que en moitos casos será imprescindible e noutros unha opción máis. Buscamos aproveitar os recursos que xa hai nos centros e partimos sempre de equipamento Abalar/E-Dixgal e de ferramentas corporativas como Agueiro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)