Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para o uso deste recurso na aula son:

Recursos materiais necesarios

Ao longo deste REA o alumnado precisará o uso de ferramentas dixitais proporcionadas co equipamento Abalar/E-Dixgal:

  • Procesador de textos
  • Xerador de códigos QR
  • Programas de retoque e edición de imaxe

Ademais, será fundamental o emprego de recursos en papel coma o caderno do alumnado, fichas descargables imprimibles e papel para facer murais.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

No REA son constantes as propostas de traballo grupal. Recoméndanse sempre grupos de catro, xa que é un número que encaixa moi ben pensando nos agrupamentos dos diferentes retos propostos. En calquera caso, é decisión do profesorado empregar grupos de diferente número ao longo das fases 2 e 3.

Para as fases 4 e 5 recoméndase que os grupos sexan de catro xa que se parte dun esquema que inclúe ese número de profesionais relacionados co mundo da radio:

  • Xornalistas.
  • Filólogas e filólogos.
  • Historiadores e historiadoras.
  • Deseñadoras e deseñadores.
  • Xeógrafas e xeógrafos.

Estes roles propostos deben ser tomados con flexibilidade tendo en conta as seguintes recomendacións:

  • Os roles non son fixos: nas diferentes fases dos retos o alumnado debe rotar e, na medida do posible, achegarse a todos.
  • Unha persoa nunca debe estar inactiva; se o seu rol non ten tarefa nese momento é recomendable que reforce outro que si o ten. Por exemplo: os locutores e locutoras poden apoiar o traballo de xornalistas nas fases iniciais.

Produtos finais

Os produtos finais que aparecen no REA son orientativos: podemos modificar os formatos das diferentes partes en función das realidades do noso contexto de traballo.

Trátase de que o profesorado escolla e decida en función das súas necesidades e/ou preferencias, tratando de respectar a filosofía da proposta, é dicir, adquirir e mobilizar os coñecemento e habilidades precisas, tanto a nivel lingüístico como tecnolóxico, que lle permitan elaborar os produtos propostos.

Os produtos finais deberían ser difundidos a través da páxina web do centro.

Enfoque multinivel do reto

Propóñense actividades multinivel que o alumnado pode seleccionar en función das súas necesidades ou intereses. É competencia do profesorado orientar e recomendar unha ou outra proposta en función da información que ten sobre o seu alumnado.

A pesar de que a proposta principal será a de empregar a plataforma dixital Agueiro, propoñemos outras opcións en formatos diferentes:

  1. Un mural en cartolina DIN-A3 na que recollamos toda a información da nosa proposta de concello. Os murais poderanse pendurar nos corredores do centro para a súa difusión.
  2. Unha gravación en vídeo presentando o noso proxecto a través da voz de cada unha das persoas do grupo. Poderase subir ao sitio web do centro ou aula virtual para a súa difusión á comunidade educativa.
  3. Un pódcast feito en grupo e gravado na aula, na radio ou no polo creativo. Poderase subir ao sitio web do centro ou aula virtual para a súa difusión á comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)