Introducindo o REA "Quen é quen?"
O REA "Quen é quen?" ten como finalidade achegarnos de xeito motivador á Lingua Galega, as súas ferramentas e novos medios de difusión deste idioma. Do mesmo xeito procura crear no alumnado unha reflexión sobre a acción do ser humano na cultura, na tradición e no noso patrimonio para que todos eles se conserven no tempo de forma óptima.
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando así chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.
Para o profesorado que o precise e goste de utilizar este recurso na aula, ofrecemos unha oportunidade de enfoque educativo distinto, presentando unha situación motivadora que inclúe a aprendizaxe da materia de lingua galega e o traballo dos aspectos curriculares propios á etapa educativa.