Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que contén a unidade didáctica 6 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (PROENS) |
% (Orientación de PROENS) |
|---|---|---|---|---|
| CA3.6: Producir textos escritos e multimodais coherentes e sinxelos, en distintos soportes, a partir do modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. | Redacta un autorretrato breve, con características axeitadas. |
Proba escrita | 6 | 14 |
| CA3.9: Acadar as destrezas e competencias lingüísticas a través do uso da lingua escrita. |
Utiliza nunha narración propia un vocabulario axeitado e sen redundancias |
Proba escrita | 6 | 12 |
| CA6.2: Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. | Utiliza as formas verbais de maneira correcta en exemplos comúns. | Proba escrita | 6 | 13 |
| CA6.3: Establecer xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua galega de maneira acompañada, formulando hipótese e buscando contraexemplos, a partir da observación, comparación e transformación de palabras, enunciados e textos, nun proceso de produción ou comprensión de textos en contextos significativos. |
Reelabora textos descritivos modificando formas verbais sen cambiar o significado | Táboa de indicadores | 6 | 13 |
| CA6.4: Revisar e mellorar os textos propios e alleos e emendar algúns problemas de comprensión lectora, de maneira progresivamente autónoma, a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e usando a terminoloxía básica adecuada. |
Mellora a redacción de textos de vivencias persoais logo da súa lectura |
Táboa de indicadores | 6 | 12 |
| CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Utiliza correctamente o b/v en exercicios con vocabulario adecuado | Táboa de indicadores | 6 | 12 |
| CA2.5: Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir de experiencias e interaccións orais próximas. |
Transmite aos e ás demais oralmente as súas emocións | Táboa de indicadores | 6 | 12 |
| CA3.10: Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. |
Nas descricións persoais recoñece aspectos positivos e negativos. |
Táboa de indicadores | 6 | 12 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); Proba escrita: Proba escrita, Táboa de indicadores: Táboa de indicadores | ||||