Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado pola unidade didáctica 6 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 16 sesións do segundo trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Presentámonos

(Mobilizar)

1. 1 Reflexionamos

1.2 Cal é o noso reto?

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Introdución das temáticas a desenvolver.

1 sesión

2. Coñecémonos

(Activar e recordar)

2. 1 Comezamos describindo

2.2 Lembras?

Pasaporte lector

Diario de aprendizaxe

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos. 2 sesións

3. Describímonos

(Explorar, revisar e estruturar)

3.1 Contidos

3.2 Actividade grupal

Diario de aprendizaxe

Sesións con actividades de busca de información e interactivas, para desenvolver de xeito oral ou escrito e facer o seguimento individual no diario de aprendizaxe. 5 sesións

4. Xogamos

(Aplicar e comprobar)

4.1 Reto 1: 

4.2 Reto 2: 

4.3 Reto 3: 

Diario de aprendizaxe

Sesións dirixidas á realización dos retos finais propostos que son actividades de planificación, construción e aplicación das novas aprendizaxes adquiridos. 7 sesións

5. Conclusión

(Concluír e comunicar)

5. 1 Conclusión

Diario de aprendizaxe

Sesión dirixida á exposición e avaliación final dos produtos acadados, presentación dos xogos e coavaliación do resto de compañeiros.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)