Quen é quen?
Este REA (Recurso Educativo Aberto) céntrase na adquisición dos contidos relacionados coa expresión de vivencias persoais: as experiencias persoais nos textos escritos (diarios, biografías, descricións de persoas); o verbo, a raíz e desinencias; uso de "b" e "v".
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado terá que crear diferentes xogos para a interacción do alumnado. A través do produto final poderanse facer públicos estes xogos á comunidade educativa ou á localidade propia do alumnado.
As metas de aprendizaxe son:
- A expresión de vivencias persoais.
- As experiencias persoais nos textos escritos: diarios, biografías, descricións de persoas.
- O verbo, a raíz e desinencias. Uso de "b" e "v".
- Practicar a oralidade e potenciar a expresión oral e escrita
- Aprender a describirnos a nós mesmos e aos demais.
- Deseñar diferentes xogos de descrición persoal e compartilos coa comunidade educativa e coa comunidade local.
- Recoñecer e empregar correctamente os adxectivos