Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Os eixes da materia nos que está baseada a unidade didáctica son:

  • A expresión de vivencias persoais.
  • As experiencias persoais nos textos escritos: diarios, biografías, descricións de persoas.
  • O verbo, a raíz e desinencias. Uso de "b" e "v".
  • Contribuír na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), concretamente cos números 3, 4, 5, 10, 11, 12 e 16. 
  • Fomentar no alumnado a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática.
  • Recoñecer a diversidade e variedades lingüísticas da contorna, de Galicia e de España, para favorecer actitudes de respecto cara á diversidade étnica e cultural, combater prexuízos e estereotipos lingüísticos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Galega e Literatura" de 5º de Primaria, contextualízase na unidade 6. "Así son eu". Pola súa situación que se enmarcaría arredor do 2º trimestre, e despois de traballar o resto de bloques do currículo, pretende tamén que o alumnado integre o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos nos que se traballa a expresión e comprensión oral e escrita a través de diferentes formatos que inclúen as tecnoloxías da información e a comunicación. 

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.
  • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
              Bloque 2
                • Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
                • Elementos gráficos e paratextuais que faciliten a organización e claridade do texto.
                • Valoración da propia produción escrita e da produción escrita dos compañeiros e compañeiras.
                Bloque 3
                • Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
                • Estratexias para o establecemento de xeneralizacións sobre aspectos lingüísticos elementais na estrutura do galego, prestando especial atención ao valor expresivo dos determinantes e ás relacións fundamentais entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple, a partir de metalinguaxe específica elemental.
                • Mecanismos léxicos básicos para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
                • Estratexias de revisión e modificación de textos para mellorar a súa comprensión a través do uso de recursos lingüísticos apropiados.
                Bloque 6

                Temos claro que o desenvolvemento destes bloques da materia de Lingua e Literatura Galega non debe entenderse de maneira illada e o seu tratamento debe de ser integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados.

                Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

                Obxectivos Descrición
                OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
                OBX5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
                OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
                OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso no só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

                A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

                Competencias clave Clave dos descritores operativos
                Competencia comunicación lingüística (CCL) CCL 1, CCL 2, CCL 3, CCL 5
                Competencia Plurilingüe (CP) CP 2, CP 3
                Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM 1, STEM 2
                Competencia dixital (CD) CD 2, CD 3
                Competencia persoal, social, cívica e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 3, CPSAA 5
                Competencia cidadá (CC) CC 1, CC 2, CC 3
                Competencia emprendedora (CE) CE 1
                Competencia conciencia e expresións culturais (CCEC)

                Feito con eXeLearning (Nova xanela)