Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Somos persoas instrutoras!"

UD1: "Falamos e coñecémonos!"

UD2: "Investigamos

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.5 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7 20% 32 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "As novas dámolas nós" UD3: "Creamos cousas novas!" CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 - CA3.8 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3: "Turismo devagar"

UD4: "Así me sinto"

UD5: "A beleza da lingua"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9- CA4.5 -CA4.6 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6

22% 30 sesións no segundo trimestre
REA 4: ""Quen é quen?" UD6: "Así son eu" CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 5:  "Un concello para nós" UD7: "Argumentamos e respectámonos" CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "Un, dous, tres, RadioPatio na onda"

UD8: "Somos reporteiras e reporteiros"

UD9: "Os medios de comunicación"

CA2.2 - CA2.4 - CA2.6 - CA2.7 - CA2.8 - CA3.3- CA3.7- CA3.8 - CA3.10 - CA3.11 - CA4.4 - CA6.5 - CA6.5 25% 31 sesións no segundo trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nas unidades 1 e 2 de Lingua Galega e Literatura para 5° de Educación Primaria que se poden descargar da aplicación Proens. Os eixes principais son:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Fomento de actitudes como a creatividade e a cooperación.
  • Desenvolvemento da conciencia de lingua e da diversidade lingüística da contorna.
  • Incorporación de estratexias relacionadas coa fala, a escoita, a lectura e a escritura.
  • Aplicar mecanismos para a transformación da información en coñecemento.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e a súa conexión co mundo real.
    1. En concreto co ODS 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas) vencellado coa meta 16.1 Reducir de xeito significativo todas as formas de violencia e as correspondentes taxas de mortalidade en todo o mundo, en parte potenciado polo reto 1 deste REA. Pretende dar solucións a posibles situacións de mal clima na aula.
    2. Co ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos) facendo fincapé nas meta 17.6, 17.7 e 17.8 (Tecnoloxía) que, entre outros aspectos, promove o uso de tecnoloxías ecoloxicamente racionais, conectado co reto 2 que avoga polo correcto uso dos equipamentos E-Dixgal
    3. Co ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles), e máis concretamente coa meta 11.7, que afonda na necesidade de proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros para todas as persoas. Intimamente relacionado co reto 3 que promove o deseño dunha guía e/ou mapa do centro escolar que facilite o acceso a todas as persoas ao espazo público.
    4. O reto extra posibilita que o alumnado afonde tamén nos ODS. En función do problema que decidan resolver, con axuda do profesorado, poderíase vencellar o seu reto escollido con algún dos ODS.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, correspóndese coas unidades didácticas 1 (Falamos e coñecémonos!) e 2 (Investigamos), da aplicación Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. Supón a porta de entrada para o resto de unidades didácticas que conforman a materia. 

O recurso aborda os contidos presentes nos bloques 1. As linguas e os seus falantes, 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos no marco de proposta de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Biografía lingüística persoal e mapa lingüístico da contorna xeográfica.
  • Valoración da diversidade de linguas na nosa contorna e na nosa comunidade autónoma.
  • Consideración social equilibrada das dúas linguas oficiais de Galicia.
  • A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.
  • Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos, ofrecendo alternativas para estes.
Bloque 1
  • Contexto
    • Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle e realidade bilingüe) na comunicación oral.
  • Xéneros discursivos
    • Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
  • Procesos: interacción oral
    • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.
    • Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados, con respecto ás estratexias de cortesía lingüística, evitando interferencias derivadas do bilingüismo.
    • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • Procesos: comprensión oral
    • Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua (prensa, radio, Internet).
Bloque 2
  • Xéneros discursivos
    • Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.
  • Procesos: comprensión lectora
    • Lectura grupal ou individual de textos literarios e non literarios con entoación e ritmo progresivamente fluídos.
    • Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión de textos escritos en lingua galega.
    • Estratexias de coñecemento progresivamente autónomo de recursos lingüísticos diversos, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión de textos.
    • Valoración da lectura, en lingua galega, como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
  • Procesos: produción escrita
    • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
    • Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais de relativa complexidade, con distintos propósitos comunicativos.
    • Aplicación progresiva das normas ortográficas básicas e cohesión do texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.
    •  Produción de textos escritos e multimodais coherentes, en soporte físico ou dixital, con cohesión e adecuación textual mediante a selección, en cada situación comunicativa, do modelo discursivo que corresponda, usando as normas ortográficas axeitadas ao seu nivel e perfeccionándose na mobilización de estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e autocorrección.
Bloque 3
  • Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do seu ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.
  • Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
  • Estratexias de observación e formulación de xeneralizacións sobre a acentuación.
  • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
  • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronome e artigo) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
  • Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario galego a través dos textos.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade lingüística de Galicia e plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar esa diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
OBX 4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)