Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado polas unidades didácticas 1 e 2 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 32 sesións ao longo do primeiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Un cole descontrolado!

(Mobilizar)

1.1. Podemos mellorar a escola?

1.2. Sabemos que facer! 

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática e do tema central, os textos instrutivos. 2 sesións

2. Que sabemos?

(Activar e recordar)

2.1. Mestras da gramática

2.2. A miña lingua, o galego
 

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias 3 sesións

3. Conexión

(Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Manual de canles de comunicación

3.2. Guía da nosa lingua e da fala de cada quen

3.3 Manual de creación de palabras

3.4. O prospecto de acentuación

3.5. As receitas do substantivo 
 

Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor os textos instrutivos. A través deles trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución da actividades. Foméntase a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento. Utilizase o diario de aprendizaxe con canle e guía para eses procesos.

13 sesións

4. Reto final

(Aplicar e comprobar)

4.1. Seleccionadoras de retos!

4.2. Espías dos contidos

4.3. Construtoras de textos

4.4. Presentacións TOP!
 

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que pretenden dar solución a diversas problemáticas na aula/centro do alumnado. Implican a creación colectiva e o traballo en grupo.  12 sesións

5. Conclusións

(Concluír e comunicar)

5.1. Defensoras de retos

5.2. Persoas expertas avaliadoras

Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto do alumnado da aula. 2 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)