Saltar navegación

3. Guía de uso

Antes de comezar

Este REA vai dirixido ao alumnado de 5º de primaria, e nel  abordaranse os seguintes  bloques de Lingua Castelá e Literatura:

Bloque 2. Comunicación oral

Bloque 3. Comunicación escrita.

Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional.

Bloque 5. Educación literaria.

Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

O reto final deste REA consistirá na realización dun certame literario, ¡Tú si que vales!, onde o alumnado recitará poemas da súa propia autoría.

Estos poemas serán creados atendendo á rima, métrica e o emprego de diferentes recursos estilísticos. Prestarase atención ao emprego de signos de puntuación, tan importantes na poesía para marcar as pausas e o ritmo dos mesmos Empregaranse  os poemas para identificar e clasificar os pronomes e para adquirir o dominio das pausa na comunicación escrita e oral. . Incorporaremos gramaticalmente os pronomes personais e pondremos en valor a transmisión de emocións mentres recitan as súas creacións froito da reflexión individual e grupal. Esta parte emocional, será parte imprescindible no desenvolvemento do noso alumnado e común a todas as áreas. 

O longo do REA adentrarémonos no mundo da poesía, combinando diferentes tipos de poemas, segundo as súas temáticas, autores e estilos.

Metodoloxicamente podemos resaltar que tanto o produto final do reto, como os tarefas intermedias, realizaranse en equipos base de traballo cooperativo. O traballo nestes equipos será planificar, deseñar, elaborar e evaluar as súas producións. Como conclusión final todos os grupos deberán coordinarse para a realización do certame de poesía.

As diferentes actividades propostas están diseñadas para resolverse de xeito individual, parellas e grupos de traballo cooperativo (4 ou 5 integrantes, dependendo do grupo clase). Nalgunhas actividades de reflexión e posta en común os grupos base interrelacionaranse. 

As actividades programadas neste REA serán do tipo:

  • dixitais, con corrección automática,
  • para facer no seu caderno de aula,
  • en equipo, para realizar con diferentes estructuras de aprendizaxe cooperativo e
  •  manipulativas.

Paralelamente aproveitaremos para conmemorar o Día da Poesía que segundo o calendario escolar coincide temporalmente con esta unidade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)