Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Este REA está deseñado para poder ser realizado con medios tecnolóxicos, xa que aporta variedade de actividades interactivas moi atractivas e adaptadas a todo o alumnado.
De non contar con ordenadores individuais, pódense realizar nos paneis interactivos en gran grupo.
Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado, como para o profesorado. No material inclúense plantillas en dous formatos:
- Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa no caso de dispor de ordenadores, aforrando ter que imprimilos.
- Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo.
Todas as actividades descargables no REA do alumnado, tanto editables coma non, levan ao seu carón o enlace para poder ser descargadas nos formatos indicados.
Materiais para a realización de actividades manipulativas.
Diferentes documentos para o seguimiento das actividades: infografías, fichas prácticas, vocabulario, autoavaliacións, rúbricas…
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Ao longo do REA desenvolveranse actividades individuais, en parella, pequeno grupo e gran grupo.
O tipo de agrupamento máis empregado será grupos base de 4 o 5 integrantes dependendo do número total da aula que realizarán actividades cooperativas nos diferentes apartados deste REA.
Os distintos grupos base tamén se interrelacionarán durante todo o proceso en diferentes situacións de escoita activa e reflexión e para expoñer as conclusións finais das tarefas propostas.
Produtos finais
O produto final consiste na creación de poemas, nos equipos base de cooperativo, para celebrar un posterior certame de poesía, onde se recitarán poemas en presencia do alumnado convidado ao mesmo. Podemos aproveitar para celebrar o Día da Poesía e poñer en valor esta tipoloxía textual. Faremos unha recompilación dos poemas creados ao longo de todo o REA para que pasen a formar parte da biblioteca do colexio, na sección de creacións propias.
Pero antes deste reto final realizarán actividades e tarefas intermedias, necesarias para abordar con éxito o produto final, consistirán no recoñecemento e emprego de diferentes tipos de rima, realización de poemas partindo de estruturas dadas, lectura dos mesmos e interpretados con diferentes emocións.
Poñeremos en valor a creatividade ilustrando poemas.
Atención á diversidade
O modelo de traballo cooperativo permite asignar funcións acordes coas capacidades de cada quen, fomentando a formación entre iguais, pola que os máis capaces axudan aos que teñan dificultades.
O entorno dixital no que nos desenvolvemos facilita que o alumnado realice tarefas graduais e moduladas acorde ás súas capacidades, podendo ampliar coñecementos ou centrarse en aspectos máis puntuais.
Nas sesións estaremos pendentes de asignar tarefas que consideremos realizables segundo o nivel do alumando.
O docente, nas actividades de grupos, prestará especial atención ao alumnado con máis dificultades, para asignarlles as tarefas máis axeitadas.
O REA contén actividades multinivel, seguindo a filosofía DUA, neste tipo de actividades o alumnado poderá escoller entre varias opcións a actividade que desexa realizar.
Na web de ARASAACC pódese acceder a pictogramas e recursos para a comunicación aumentativa e alternativa. Entre os seus recursos, conta con variedade de ferramentas en liña que permiten a creación de material adaptado sen instalar ningún software no computador. Como paquete instalable, ofrece “AraSuite”, un conxunto de ferramentas entre as que está “AraWord” un procesador de texto para a escritura simultánea de texto e pictogramas, o que permite a adaptación de materiais con facilidade.
Todas as publicacións e ferramentas desta web, propiedade do Gobierno de Aragón, créanse baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA), autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autoría e compártanse baixo a mesma licenza.
As medidas de atención á diversidade levaranse en coordinación entre o equipo docente do alumando, o Departamento de Orientación e o equipo directivo.
Enfoque multinivel do reto
Variedade de recursos, adaptados os diferentes niveis do alumnado para que poidan escoller o seu nivel de competencia.
Tanto as tarefas intermedias como o reto final están pensados para que teñan diferentes niveis de dificultade axeitados a súa capacidade.
Desenvolveremos tres niveis de dificultade:
|
Nivel de dificultade |
Fase 4 Reto: Textos (Poemas) |
Fase 5 Certame poesía |
|---|---|---|
|
Nivel 1 Básico |
- Realizar poemas nun modelo predifinido. |
- Participa na elaboración do cartel anunciador do certame. |
|
Nivel 2 Intermedio |
- Crear poemas, atendendo a métrica e a rima, tendo ao seu alcance un modelo de cada un deles. |
- Participa na creación do cartel anunciador do certame aportando ideas baseadas noutros carteis. |
|
Nivel 3 Avanzado |
- Escribir sen ningún tipo de patrón poemas, atendendo á métrica e rima sen precisar modelo. |
- Participa na creación do cartel anunciador do certame achegando ideas orixinais. |
Categorías gramaticais
A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.
Beneficios das imaxes e símbolos:
- Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
- Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
- Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.
Na zona de imprimibles atoparás unha selección de símbolos para ser empregados na aula para traballar a gramática de xeito manipulativo.
Fomento do hábito lector
O emprego de espazos como a biblioteca de aula, ou a biblioteca do centro debe converterse no lugar para desenvolver estratexias que axuden ó alumnado a seleccionar os textos do seu interese, apropiarse deles e compartir de maneira persoal e creativa a súa propia experiencia de lectura; e establecer contextos nos que xurdan motivos para ler.
Así no apartado 3 do REA propoñémoslle o alumnado buscar poemas e elixir entre varias propostas segundo os seus gustos e afinidades, que terán que analizar e recitar diante do resto dos equipos preparándose para tal fin con apoio de vestimenta, audiovisual, etc.
A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitiranlle ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
Formar lectores competentes, autónomos e críticos de todo tipo de textos en castelán, capaces de avaliar a súa calidade, fiabilidade e de responder a diferentes propósitos de lectura en todos os ámbitos da súa vida e un dos obxectivos primordiais na etapa educativa na que nos atopamos.
Saber ler hoxe, implica tamén saber navegar e buscar na rede e seleccionar información fiable con distintos propósitos.
Transversalidade
Este REA pódese empregar en paralelo coa conmemoración do Día da Poesía e a Música, xa que podemos atopar moitos poemas cantados. As emocións que son capaces de transmitirnos estes tipos de texto forman parte da nosa vida cotián.
Aproveitaremos este tipo de texto para traballar a igualdade, atendendo as diferentes épocas nas que foron creados ditos poemas e lelos e comprendelos na actualidade desenvolvendo o espírito crítico do noso alumnado.