Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, agrupándose as 9 unidades didácticas en 6 REA.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA01: “Ciberagentes en acción”

UD1: Cantas cousas teño que contarche!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10 %

1ºT- 32 sesións

UD2: No papel está todo escrito

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10 %

REA02: “Cazando bulos”

UD3: Leo para coñecer, para saber, para aprender, para gozar

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10 %

1ºT- 16 sesións

REA03: ¡Salvemos el planeta!

UD4: Narrando historias

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

12 %

2ºT- 31 sesións

UD6: Vou escribir o que me pasa

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

12 %

REA04: ¡Tú sí que vales!

UD5: Versos e poesía

CA3.3, CA3.4, CA4.5, CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

12 %

2ºT- 15 sesións

REA05: El juego a través de los siglos

UD7: Podemos entendernos

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12 %

3ºT- 30 sesións

UD8: Que pensas ti? Que penso eu?

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12 %

REA06: El escarabajo escolar

UD9: Ler e escribir nas pantallas

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

13 %

3ºT- 16 sesións

Eixe da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Primaria:

- Prácticas discursivas.

- Produción e comprensión lingüística: fomentar a capacidade de expresarse por escrito de xeito claro e coherente, desenvolvendo a ortografía, a gramática e a redacción. Conleva o estudo e aplicación de regras gramaticais e ortográficas.

- Comprensión dos textos literarios: desenvolver habilidades para comprender textos de diversa índole, identificar ideas principais, inferir significados e recoñecer detalles.

- Funcionamento da lingua e os seus usos: aprender a analizar e comprender textos informativos, así como textos multimedia (vídeos, presentacións, etc.), desenvolvendo habilidades críticas.

Neste REA atenderemos a dous obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)

- ODS 5. Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a as mulleres e as nenas.

- ODS 16. Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.

A historia das mulleres foi tradicionalmente ignorada ou minimizada. A súa visibilidade na historia axuda a educar á sociedade sobre o seu papel no mundo, deste xeito potenciaremos un futuro máis xusto e inclusivo para todos e todas. Cando as nenas e os nenos aprenden sobre mulleres que tiveron un impacto no mundo, comezan a ver que poden ser líderes, inventoras, artistas, científicas e todo o que queiran ser. Isto axuda a romper cos estereotipos de xénero que limitan as oportunidades das mesmas. Coñecer a mulleres que tiveron éxito nas súas vidas inspirará ao noso alumnado a perseguir as súas propias metas, promovendo a igualdade e creando un futuro máis equitativo.  Polo tanto, ao facelas máis visibles nos currículos escolares, conseguiremos reducir a brecha de xénero na educación e no mercado laboral.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Educación Primaria, contextualízase na quinta unidade didáctica  "Versos e poesía".

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contido 2, 3, 4, 5 e 6.

Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.

Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.

Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Propóñense un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.

Bloque 5: Educación literaria. Pretende implicar os alumnos e alumnas nun proceso de formación lectora que continúe ao longo de toda a súa vida. Acadar este obxectivo supón iniciar un camiño de progreso deseñado cara á construción de personalidades lectoras. A lectura, a comprensión e interpretación de obras próximas aos seus gustos e á súa madurez cognitiva, o recoñecemento dos elementos básicos da obra literaria, a dramatización ou interpretación de fragmentos e a creación de textos propios con intención literaria facilitará o progreso na construción da identidade lectora, na comprensión das relacións con outras manifestacións artísticas ou culturais e no coñecemento básico sobre obras representativas tradicionais e actuais da literatura. As bibliotecas de aula, do centro e as virtuais conformarán os escenarios básicos para as actividades literarias compartidas.

Bloque 6: Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais, incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.

Contidos específicos traballados dentro de cada bloque xeral de contido:

Contidos

Bloque da materia

  • C2.2 - Xéneros discursivos
    • C2.2.1 - Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
    • C2.2.3 - Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.
    • C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • C2.4 - Procesos: comprensión oral.
    • C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • C2.4.2 - Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos.
    • C2.4.4 - Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • C2.5 - Procesos: produción oral.
    • C2.5.1 - Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.
    • C2.5.3 - Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque B2. Comunicación oral.

  • C3.2 - Xéneros discursivos.
    • C3.2.3 - Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía).
    • C3.2.4 - Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos.
  • C3.4 - Procesos: produción escrita.
    • C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada e con intención comunicativa e creatividade.

Bloque B3. Comunicación escrita.

  • C4.9 - Estratexias para compartir experiencias de lectura que perfilen a identidade lectora.
  • C4.10 - Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.

Bloque B4. Alfabetización mediática e informacional.

  • C5.1 - Lectura progresivamente autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura adecuados á súa idade e organizados en itinerarios lectores.
  • C5.2 - Progreso na construción da identidade lectora. Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras de forma acompañada.
  • C5.3 - Interpretación, progresivamente autónoma e compartida dos textos literarios a través de conversacións literarias, participando en comunidades lectoras de ámbito escolar e social.
  • C5.4 - Valoración dos textos literarios e da literatura en calquera lingua como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
  • C5.5 - Funcionamento da biblioteca da aula ou do centro como escenario de actividades literarias compartidas.
  • C5.6 - Lectura expresiva, dramatización ou interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento.
  • C5.8 - Relación entre as obras lidas e outras manifestacións artísticas e culturais.
  • C5.9 - Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
  • C5.10 - Creación de textos literarios de maneira libre e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.
  • C5.11 - Identificación de recursos literarios básicos.

Bloque B5. Educación literaria

  • C6.6 - Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
  • C6.11 - Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.

Bloque B6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Obxectivos da materia traballados específicamente:

Obxectivos

Descrición

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBX7

Ler de maneira autónoma obras diversas seleccionadas atendendo aos seus gustos e intereses, compartindo as experiencias de lectura, para iniciar a construción da identidade lectora, para fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e para gozar da súa dimensión social.

OBX8

Ler, interpretar e analizar, de maneira acompañada, obras ou fragmentos literarios adecuados ao seu desenvolvemento, establecendo relacións entre eles e identificando o xénero literario e as súas convencións fundamentais, para iniciarse no recoñecemento da literatura como manifestación artística e fonte de pracer, coñecemento e inspiración para crear textos de intención literaria.

OBX9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL).

CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5

Competencia plurilingüe (CP).

CP2

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM).

STEAM1, STEAM2

Competencia dixital (CD).

CD1, CD2, CD3

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).

CPSAA1, CPSAA4, CPSAA5

Competencia cidadá (CC).

CC2

Competencia emprendedora (CE).

CE1

Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC).

CCF1, CCF2, CCF3, CCF4

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)