Tú sí que vales
Este REA (Recurso Educativo Aberto) desenvolve a unidade 5 da área de Lingua Castelá e Literatura, segundo o modelo de programación de PROENS. Esta deseñado tendo como finalidade desenvolver no alumnado estratexias de comprensión e expresión empregando diferentes tipoloxías textuais.
O reto consistirá en compoñer en equipo unha poesía para recitar nun certame.
As metas de aprendizaxe son:
- Apreciar a poesía.
- Utilizar recursos literarios para realizar poesías máis atractivas.
- Recitar poesía co ritmo, entoación e emoción axeitados.
- Coñecer e comprender que é a rima.
- Coñecer as diferentes partes que compoñen un poema.
- Coñecer e aplicar as regras para medir versos.
- Crear poesía para expoñer nun certame.
- Valorar e respectar as producións dos demais.
- Utilizar correctamente o punto e a coma.
- Os pronomes personais e o seu uso.