Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Os recursos materiais que serán necesarios para a realización do REA serán os seguintes:
- Instrumentos musicais: poden limitarse aos instrumentos dispoñibles na aula, como as frautas doces e os instrumentos Orff, que son comúns en entornos educativos de primaria.
- Material didáctico impreso: as partituras, diario de aprendizaxe, material descargable e materiais de lectura complementarios poden adaptarse para ser utilizados cos recursos dispoñibles na aula, como taboleiros, proxectores ou copias impresas.
- Equipo de audio e vídeo: pódese utilizar o equipo de audio e vídeo dispoñible no centro educativo, como proxectores ou dispositivos móbiles, para reproducir música e gravar ensaios e presentacións finais.
- Espazo adecuado: o espazo dispoñible na aula ou no ximnasio da escola pode ser utilizado para a práctica do baile grupal, sempre que permita o movemento libre e seguro do alumnado.
- Recursos tecnolóxicos: os dispositivos dixitais dispoñibles no centro, como ordenadores, tablets ou paneis dixitais, poden utilizarse para acceder ao REA e aos recursos en liña e complementar a ensinanza con material multimedia.
- Plataformas virtuais: utilizaranse as plataformas virtuais de aprendizaxe do centro, como a páxina web ou a aula virtual para compartir e visualizar o traballo realizado polo alumnado, como vídeos e presentacións.
- Vestimenta e accesorios: poderíase empregar vestimenta tradicional para a realización do evento final, aínda que sería unha tarefa complicada. Por isto sería interesante propoñer unha vestimenta grupal para darlle forma ao produto final empregando cores e/ou elementos concretos tradicionais como: xoias, panos ou puchos.
Estes axustes garanten que os recursos materiais necesarios estean aliñados coas capacidades e recursos dispoñibles para o grupo de estudantes de 5º de primaria.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
Considerando a natureza colaborativa das actividades propostas neste REA, suxerimos diferentes estratexias de agrupamento para promover a participación activa e o traballo en conxunto do alumnado. Algúns dos métodos propostos inclúen:
- Grupos heteroxéneos: formación de grupos que reúnan alumnado con diferentes niveis de habilidades e coñecementos, proporcionando oportunidades de aprendizaxe entre compañeiros e estimulando a colaboración.
- Grupos de interese: agrupamento dos alumnos en base aos seus intereses comúns relacionados coa música tradicional, incentivando a participación activa e a motivación intrínseca.
- Parellas de aprendizaxe: traballo en parella, onde os alumnos poden compartir ideas, resolver problemas e apoiarse mutuamente no desenvolvemento das actividades, promovendo a responsabilidade compartida e a construción de relacións.
- Equipos rotativos: organización dos estudantes en equipos que alternan as súas composicións ao longo das actividades, permitindo que todos os alumnos traballen en diferentes grupos e amplíen as súas habilidades de colaboración e comunicación.
Ao seleccionar a modalidade de agrupamento máis axeitada para cada actividade, o profesorado pode proporcionar un ambiente inclusivo e estimulante, onde todos os alumnos teñan a oportunidade de contribuír e aprender uns dos outros.
Ao longo do REA propóñense actividades grupais, algunhas delas propoñendo estruturas de traballo cooperativo concretas. Non obstante, a persoa docente é libre de seleccionar outras estruturas cooperativas nas que o alumnado teña máis experiencia ou preferencia.
Neste recurso a elaboración do produto final é colectiva. A elaboración deste produto final require do emprego dun amplo repertorio de habilidades tanto cognitivas como expresivas, polo que a tarefa supón un enorme reto para realizarse de forma individual. Con todo, queda ao xuízo do docente realizar outro tipo de agrupamento que permita garantir que o alumnado aplique o que aprendeu.
Produtos finais
O produto final consiste na participación nun evento co gallo da conmemoración do Magosto/Samaín no que terán que interpretar grupalmente unha muiñeira.
A persoa docente é libre de empregar a peza xa seleccionada (Muiñeira de Lugo) ou algunha outra da súa elección. A danza é a mesma e pode ser interpretada na clase ou no evento, empregando a súa faceta más artística e dramática, e desenvolvendo a súa expresividade instrumental dentro das súas capacidades.
O produto final exponse de forma grupal, xa que favorece a representación no espacio da propia produción artística e a retroalimentación dos seus compañeiros e compañeiras.
Enfoque multinivel do reto
Do mesmo xeito, as diferentes fases inclúen algunhas actividades individuais multiniveladas, nas que o alumnado pode escoller, aquela coa que se sinte máis confortable ou que se adapte máis ás súas capacidades ou intereses.
As actividades multiniveladas inclúense:
- Na peza instrumental: Rondel VI, para ser interpretados coa frauta doce en distintas velocidades e con karaoke amosando as notas con sílabas.
- Nos pasos e puntos propostos para a Muiñeira de Lugo existen diferentes alternativas para cada parte da estrutura musical, podendo combinalos de xeito máis simple ou complexo en función das habilidades do alumnado.