Saltar navegación

1. Descrición xeral

Muiñeiramos!

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado para o alumnado de 5º de Primaria na materia de Música e danza, co obxectivo de achegalos á música e á danza tradicional galega, en particular á muiñeira.

Na SA, titulada "Muiñeiramos!", o alumnado percorre diferentes etapas de aprendizaxe coa música e a danza como eixe central. O camiño iníciase en "Pasiño a pasiño" con actividades como a "Foliada polo Samaín", e continúa coa revisión de conceptos musicais básicos en "Antes de camiñar", onde se traballan a linguaxe musical, o movemento, a práctica e a escoita.

A parte central, "O Camiño non se anda, dánzase!", céntrase no coñecemento da muiñeira, a práctica coa frauta doce e a identificación dos instrumentos que a acompañan.

O reto final é "Muiñeiramos!", que consiste na interpretación grupal dunha muiñeira no contexto da conmemoración do Magosto ou do Samaín, organizando unha foliada. Ao longo de todo o proceso, o alumnado reflexiona sobre a súa aprendizaxe mediante diferentes puntos do "Diario de aprendizaxe".

Co desenvolvemento deste REA procúrase que o alumnado adquira coñecementos básicos sobre: 

  • Muiñeira: pasos básicos.
  • Folclore musical galego: instrumentos, danzas e tradicións.
  • Linguaxe musical: figuras musicais, ritmo de alborada (negras e corcheas), compases (incluída a introdución ao 6/8), puntiño, barras divisorias e de repetición.
  • Participación nun evento: Magosto/Samaín.



Feito con eXeLearning (Nova xanela)