Temporalización do REA
Este REA está pensado para realizar en 14 sesións no primeiro trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Pasiño a pasiño, muiñeiramos no Camiño! |
1.1. Foliada polo Samaín! 1.2. Camiñamos pola música galega 1.3. Diario de aprendizaxe: Fin de etapa, reflexionamos? |
Sesión de motivación e presentación do reto a través da peregrinación da personaxe Remi que fará o Camiño de Santiago dende A Guarda como fío condutor. Introdución ao reto. | 1 sesión |
| 2. Antes de camiñar. Revisamos os nosos pasos? |
2.1. A Illa da linguaxe musical 2.2. Movemos o esqueleto 2.3. Tocamos 2.4. Escoitamos 2.5. Diario de aprendizaxe: Fin de etapa, reflexionamos? |
Activación de coñecementos previos sobre aspectos da linguaxe musical, a música tradicional galega e a muiñeira. Introdución á interpretación instrumental con frauta doce (Escala de Dó). |
4 sesións |
| 3. O Camiño non se anda, dánzase! |
3.1. Comezamos a foliada 3.2. Practicamos coa frauta doce 3.3. Coñecemos a muiñeira 3.4. Muiñeira vai! 3.5. Que instrumentos están a soar? 3.6. Diario de aprendizaxe: Fin de etapa, reflexionamos? |
Sesións adicadas á aprendizaxe e interpretación da Muiñeira de Lugo e práctica instrumental. | 4 sesións |
| 4. Reto final: Muiñeiramos! |
4.1. O baile e a danza 4.2. Diario de aprendizaxe: Fin de etapa, reflexionamos? |
Achegamento ás danzas e bailes do mundo. Sesión de posta en común da muiñeira nun evento. |
4 sesións |
| 5. Que levo na mochila? |
5.1. Trivimusical 5.2. Diario de aprendizaxe: Fin do camiño, reflexionamos? |
Repasamos e reflexionamos sobre o aprendido. | 1 sesión |