Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 3 que cobren integramente o currículo da materia de Música e danza de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 1 do 01/07/2024).

As 4 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Muñeiramos!"

1. Corda, vento e percusión

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.6.

CA3.2, CA3.4, CA4.3, CA4.5.

15 % 1º trimestre
REA 2: "Minuexas ou branlexas?"

2. Agrupacións artísticas

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.6.

CA2.4, CA2.6, CA3.3, CA4.2.

21 % 2º trimestre
REA 3: "Canto contas cando cantas"

3. Voces

4. Músicas e danzas do mundo

CA1.1, CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA2.7, CA3.1, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.4, CA4.6.

CA1.2, CA1.4, CA1.5; CA2.2.

24 % 3º trimestre

A porcentaxe de peso da UD4 non figura nesta táboa porque está distribuída entre todos os REA.

Corresponde ao profesorado determinar a porcentaxe de peso que asignará á UD4 en cada REA. Por exemplo, poden optar por unha repartición proporcional entre os tres REA ou dar unha maior importancia a esta unidade a medida que o curso avanza.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Música e danza para 5.º de EP baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Promover o uso dunha metodoloxía áxil, dinámica, práctica, creativa, motivadora, lúdica e amena.
  • Empregar didácticas específicas do ensino da música e o movemento de diferentes fontes, adaptándose aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado.
  • Comprender, adquirir e afianzar de forma progresiva os elementos da linguaxe musical e do movemento a través da súa vivencia.
  • Propoñer situacións de aprendizaxe, retos e tarefas vinculados a contextos próximos ao alumnado para desenvolver a apreciación, a análise, a creatividade e a sensibilidade.  fomentando a autonomía e a adquisición de coñecementos.
  • Fomentar a autonomía do alumando e a adquisición de coñecementos, acostumando ao alumnado a planificar, tomar decisións, e ser protagonista da súa aprendizaxe.
  • Realizar diversas formas de agrupacións para potenciar a expresión e autorregulación das emocións, traballando a empatía e o recoñecemento emocional propio e alleo.
  • Empregar recursos, soportes e contextos variados en diferentes formatos para a realización de actividades musicais e de expresión corporal.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, chamado "Muñeiramos!", contén material de dúas unidades didácticas:

  • UD 1, "Corda, vento e percusión", inclúese de forma íntegra.
  • UD 4, "Músicas e danzas do mundo", inclúese só de maneira parcial, xa que é unha unidade transversal.

No presente REA trabállanse os seguintes contidos: 

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Estratexias de recepción activa.
  • C1.3 - O son e as súas calidades: identificación visual e auditiva, clasificación e representación de diversidade de sons e estruturas rítmicas e melódicas a través de grafías convencionais e non convencionais.
  • C1.4 - A voz e os instrumentos musicais. Familias e agrupacións máis representativas. Clasificación e comprensión da natureza da produción sonora en cada tipo. Identificación visual e auditiva. Instrumentos tradicionais na música galega. Instrumentos dixitais. Aproximación a instrumentos non convencionais e exóticos. Instrumentos caseiros.
  • C1.5 - O tempo, o carácter e a dinámica: identificación e descrición.
  • C1.6 - O pulso, o acento e o compás: identificación e diferenciación entre compás binario, ternario e cuaternario. Introdución ao concepto de subdivisión.
  • C1.7 - A melodía e a forma musical. Repetición e variación melódica.
  • C1.8 - Propostas musicais de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • C1.9 - Aproximación aos principais xéneros musicais.
  • C1.11 - Vocabulario específico de música.
  • C1.12 - Recursos dixitais de uso común para música.
  • C1.13 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a audición.
Bloque 1. Educación musical: percepción e análise.
  • C2.1 - Práctica instrumental, vocal e corporal: experimentación, exploración creativa, interpretación, improvisación e composición con pautas guiadas a partir das súas posibilidades sonoras e expresivas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural.
  • C2.3 - Linguaxes musicais: aplicación dos seus conceptos fundamentais na interpretación e na improvisación guiada de propostas musicais vocais e instrumentais. O silencio como elemento fundamental da música: utilización adecuada na interpretación musical.
  • C2.4 - Aplicacións informáticas de gravación, edición de audio e edición de partituras: utilización guiada na audición, coñecemento, interpretación, gravación, reprodución, improvisación e creación de obras diversas.
  • C2.6 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • C2.7 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións musicais.
  • C2.8 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas musicais. O silencio como elemento e condición indispensable durante a creación e a práctica musical.
Bloque 2. Educación musical: creación e interpretación
  • C3.1 - Estratexias de recepción activa.
  • C3.2 - Manifestacións vinculadas á expresión corporal e ás artes escénicas e performativas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • C3.6 - Vocabulario específico das artes escénicas e performativas.
  • C3.7 - Recursos dixitais de uso común para as artes escénicas e performativas.
  • C3.8 - Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 3. Educación en artes escénicas e performativas: percepción e análise
  • C4.1 - O corpo e as súas posibilidades motrices, dramáticas e creativas: interese na experimentación e exploración a través de execucións individuais e grupais vinculadas co movemento, coa danza, coa dramatización e coa representación teatral como medio de expresión e diversión.
  • C4.2 - Técnicas básicas dramáticas e dancísticas. Respiración consciente e hixiene e corrección postural. Nocións elementais de biomecánica. Linguaxes expresivas. Introdución aos métodos interpretativos. Experimentación con actos performativos. Improvisación guiada e creativa. Interese, práctica e confianza nun mesmo.
  • C4.4 - Capacidades expresivas e creativas básicas da expresión corporal e dramática. Gozar como forma de interacción social, recurso expresivo e emotivo e deleite estético.
  • C4.5 - Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación.
  • C4.6 - Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións escénicas e performativas.
  • C4.7 - Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas vinculadas coa expresión corporal e dramática
Bloque 4. Educación en artes escénicas e performativas: creación e interpretación

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1
Descubrir propostas artísticas musicais e dancísticas de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.
OBX 2
Recoñecer os elementos básicos específicos da linguaxe musical, a través da percepción e da análise de diferentes fragmentos e obras, para chegar á comprensión das diferentes manifestacións culturais e artísticas.
OBX 3 Investigar sobre de diferentes manifestacións culturais e artísticas musicais e dancísticas e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia
OBX 4 Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, do corpo e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX 5
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas musicais e dancísticas, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

1-3-5

Competencia plurilingüe (CP)

3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM)

1-2-3

Competencia dixital (CD)

1-2

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

1-3-4-5

Competencia cidadá (CC)

1-2-3

Competencia emprendedora (CE)

1-2-3

Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC)

1-2-3-4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)